Viveiro, 19 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro lamenta profundamente que o Concello non se sumase ó chamamento realizado pola Federación Galega de Muncipios e provincias (FEGAMP) como fixeron outros moitos de Galicia, para expresar públicamente a súa condena ó xenocidio que se estar a vivir en palestina.
“Resulta imposible permanecer en silencio dunha realidade dramática: miles de nenos e nenas foron asasinados, outros sofren unha situación de desnutrición extrema e as axudas humanitarias seguen sen desbloquearse”.
“Cada día que pasa, a comunidade internacional asiste á traxedia dun pobo sometido á fame, á violencia, e á falta de dereitos humanos básicos”.
Dende o PSOE de Viveiro “entendemos que o noso concello tamén debía de dar un paso adiante, como fixeron outros municipios galegos, para amosar con claridade e solidaridade co pobo Palestino e o rexitamento firme ao xenocidio. Un concello non pode ser alleo á defensa dos dereitos humanos e da vida”.
“O silencio non é neutralidade: é complicidade” – afirma a voceira socialista María Loureiro Garcia. “Por iso reclamamos que Viveiro se sume á voz colectiva de Galicia e de tantos concellos que xa se sumaron a esta condena, situándose ao lado da paz, da xustiza e da dîgnidade humana”- conclúe Maria Loureiro.