Lugo, 16 de setembro de 2025. Esta mañá tivo lugar na sede da Federación Galega de Comercio o sorteo ante notario dos 1.000 euros en premios correspondentes á sétima campaña de Merca no teu comercio na provincia de Lugo, iniciativa de dinamización do comercio de proximidade que se desenvolveu entre o 1 e o 15 de setembro nas localidades de Mondoñedo, Lourenzá e Barreiros.
Esta campaña está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración neste caso das Asociación de Comerciantes de Lourenzá. O obxectivo principal é estimular as vendas nos municipios rurais da provincia de Lugo, achegar aos clientes aos comercios e dinamizar o sector.
A participación nesta iniciativa foi moi satisfactoria, rexistrándose un total de 3.300 tickets, pertencentes a compras realizadas nestas localidades lucense.
Hoxe ante o notario José Manuel López Cedrón sorteáronse 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que serán entregadas aos gañadores nun acto a celebrar o vindeiro 25 de setembro, xoves, ás 13.30 horas, na Praza da Catedral de Mondoñedo. Os gañadores, que serán contactados pola organización, deberán empregalas en compras no comercio retallista das localidades onde se realizou a campaña. O listado completo pode consultarse en www.mercanoteucomercio.com.