RIBADEO AVANZA A BO RITMO, a pesar dalgún, que antepoñendo a ideoloxía a Ribadeo, desexa todo o contrario.
Detrás hai moito traballo e unha decidida xestión e dedicación. Todo o mundo o pode comprobar. Hai proxecto e un traballo constante e continuo. Isto non debe encaixar moi ben nalgún membro do Bng que “moi apenado”, saen decindo que se perden subvencións. Seguen na teima de inventar cousas (ningunha boa). Probablemente pensen que iso lles da minipuntos ou pase directo ás “altas esferas”, non sabemos, cada un ten a súa motivación e a nosa é moi diferente. Referímonos a “algún membro” porque somos conscientes de que outros recoñecen o traballo e xa lles tarda rematar a lexislatura para deixar de facer o ridículo. Non se entenden entre eles e pretenden dar leccións…
Saen decindo que se perdeu a subvención do Parque de Indianos… ¡quén lles dera! Iso pasáballes a eles que, por non perdelas xa non as pedían ou ó mellor nin se enteraban que as había.
Neste momento hai moitas obras en marcha e unha delas é precisamente o mantenemento do Parque dos Indianos… aio! É boa casualidade!!
De novo atopámonos con outro espazo abandoado durante anos. Unha vez máis a falta de conservación é absoluta. Un calexón de terra que conecta Avd de Galicia con Virxe do Camiño, baldosas soltas e rotas, pérgolas podres, as beirarúas intransitables, unha charca noxenta… por certo, unha tala indiscriminada de plantas e árbores… moito nos extraña o silencio naquel momento… menos mal que nós non somos de quedamos con simples anécdotas. Creemos máis no traballo e en mellorar e conservar os espazos, porque de pouco sirve invertir para a foto si despóis se deixa abandoado.
Xa se está mellorando o calexón con formigón e beirarúas de pedra, na recollida de augas pluviais, repoñendo as baldosas, limpando a charca, colocaránse novas pérgolas e farase un mantenemento do xardín. Un total de 50mil€, financiado 100% da Xunta de Galicia. Dende logo que non só, non se perdeu a subvención, senón que a inversión é 100% da Xunta de Galicia.
Unha vez máis, as mentiras teñen as patas moi cortas. Afortunadamente ó tempo pon a cada un no seu lugar.
Cómo sempre decimos, nós ó noso. Nós ó que realmente importa: RIBADEO E OS NOSOS VECIÑOS.


















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



