O programa Marela distribúe 232.000 euros entre as granxas beneficiarias, que se concentran nas comarcas de Sarria, Ancares e Lugo
Lugo, 21 de outubro de 2025. A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ven de facer pública a resolución provisional da convocatoria de axudas do programa Marela, enfocado no apoio á recría de xatas de Raza Rubia Galega nas granxas de nacemento.
Segundo se detalla na resolución, 279 ganderías da provincia -trinta máis que na pasada edición – beneficiaranse das achegas, que suman un total de 232.000 euros -40.000 euros máis que na pasada edición-
A maioría das granxas beneficiarias das axudas concéntranse nas comarcas de Sarria -especialmente nos concellos de Láncara, Paradela e Triacastela –, dos Ancares -especialmente nos concellos de Baralla, Cervantes, Pedrafita e As Nogais– , de Lugo – especialmente nos concellos de O Corgo, Friol, Lugo e Castroverde – e nos concellos de A Fonsagrada e Vilalba, en consonancia coa distribución da cabana desta gandería na provincia.
O deputado de Rural Daniel García destacou que “e o número de granxas beneficiarias se incrementou grazas ao reforzo orzamentario do programa, que planificamos como un apoio á á recría e á gandería de vacún de carne, un sector fundamental para a provincia polo seu impacto económico pero tamén social e medioambiental, xa que falamos sobre todo de granxas de pastoreo ubicadas, na súa maioría, en concellos de montaña onde esta gandería é a mellor alternativa para o aproveitamento do territorio”
As axudas por gandería oscilan entre os 400 e os 2.400 euros, en función do número de xatas reprodutoras -cun parto antes dos 36 meses– que se crían na granxa, ata un máximo de seis animais por granxa. En total, son 580 animais os que reciben as subvencións.
A resolución pode consultarse na web da Deputacíon de Lugo, no apartado de Subvencións de Concorrencia Competitiva da área de Medio Rural e do Mar e no Boletin Oficial da Provincia do 17 de outubro. As ganderías solicitantes teñen un prazo de 10 días hábiles para presentaren alegacións á resolucíon.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


