Ribadeo, 10 de outubro de 2025. Do 15 ao 31 de outubro poderá visitarse en Ribadeo a exposición fotográfica Tan coma ti, da asociación Down Lugo. A mostra estará exposta na Oficina de Turismo. O acto inaugural será o día 15 ás doce do mediodía.
Trátase dun proxecto da Asociación Down Lugo que ten como obxectivo amosar a realidade actual das persoas coa síndrome de down, rompendo estereotipos e reivindicando o seu papel activo e valioso na sociedade. Tan coma ti é unha exposición fotográfica inspirada na campaña homónima lanzada por Down España este 2025 con motivo da celebración do Día Mundial da Síndrome de Down o pasado 21 de marzo.
Esta campaña busca sensibilizar á cidadanía sobre a necesidade de construír unha sociedade verdadeiramente inclusiva e desmontar estereotipos, amosando que as persoas coa síndrome de down senten, pensan e actúan da mesma forma que as demais persoas, teñan discapacidade ou non.
Son 40 fotografías que capturan momentos cotiáns de persoas con síndrome de down. A mostra convida ao espectador a reflexionar sobre as similitudes que nos unen como seres humanos, máis alá das diferenzas visibles. O obxectivo é promover a inclusión, o respecto e a empatía, desafiando prexuízos e fomentando unha visión máis xusta e equitativa da diversidade humana.
Cada imaxe retrata a unha persoa/grupo de persoas coa síndrome de down desenvolvendo unha actividade cotiá. O elemento distintivo de cada fotografía é o seu pé de foto, unha frase dita pola propia persoa/s retratada/s, que recolle a esencia da escena e transmite a súa mirada sobre a vida. Estas frases funcionan como fío condutor emocional da exposición, ofrecendo ao espectador unha oportunidade para escoitar directamente ás persoas protagonistas. As retratadas pertencen a distintos puntos da provincia de Lugo, o que achega unha visión plural e representativa da realidade do territorio. Por este motivo, Tan coma ti nace como unha exposición itinerante, co obxectivo de percorrer diferentes concellos e centros culturais da provincia, achegando a súa mensaxe de inclusión e respecto á diversidade a toda a cidadanía. Esta actividade supón o punto de partida dunha colaboración entre o Concello de Ribadeo e a Asociación Down Lugo, que traballarán man a man para promover a visibilidade, inclusión e participación plena das persoas con discapacidade no municipio.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, dixo que “a través destas imaxes, captadas con sensibilidade e respecto, os visitantes poderán achegarse ás vivencias cotiás, intereses, soños e capacidades das persoas protagonistas, destacando que, como indica o título da exposición, son tan coma ti”.
O alcalde Dani Vega salientou que “esta iniciativa enmárcase no compromiso do Concello de Ribadeo coa diversidade, a igualdade de oportunidades e a inclusión social, e é o primeiro paso dunha serie de accións conxuntas previstas para os vindeiros meses, como é o Foro Down Tan iguais coma diferentes, que terá lugar o 25 de outubro, grazas tamén á colaboración da Xunta de Galicia”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



