Mondoñedo 31 de Outubro 2025. Este xoves mantivose no Concello una reunión de traballo, coas San Lucas aínda recentes para facer balance desta edición e buscar melloras para a edición do 2026.
Manuel Angel Otero Legide, alcalde, salientou o éxito desta edición en todos os ámbitos, tanto no organizativo como no económico. Coincide o presidente da Asociación, Miguel Paz: “foron moitos os que chamaron para felicitar pola organización desta edición”.
Unha vez analizada é licito poñerse a traballar na seguinte, sen esquecer loitar polo recoñecemento destas feiras e festas que se levan facendo ininterrumpidamente hai 869 anos.
A Xunta de Goberno do xoves aprobou, por unanimidade, solicitarlle á Consellería de Cultura que incoe expediente para declarar Bic estas feiras e festas, isto unido ao traballo realizado durante estes anos para recuperar a Declaración de Festa de Interés Turístico Nacional. O goberno local agarda que dean os seus froitos e coloquen as San Lucas no lugar que lle corresponde.
“Ben é certo que non sabemos por qué as San Lucas deixou de ser Festa de Interese Turístico Nacional” , Otero sinala que o pasado ano solicitouse acceso o expediente o Ministerio, “pero non tivemos resposta, polo que seguimos a recompilar información e traballando nunha nova solicitude”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



