Viveiro, 16 de outubro, 2025. Continúa ca colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Cada edición posta en marcha convértese nun éxito de participación por parte do público, con moi boa acollida tanto entre os nenos, como cos pais e os coles.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla. “Hoxe en día temos acceso a miles de pelis a través dun sinfin de plataformas, pero non é o mesmo… a maxia ou a experiencia do cine é algo que non se pode desfrutar dende o sofá da casa. Que os rapaces socialicen, que interactuen con algo máis que non sexan pantallas de móbil, que queden para ir en pandilla ó cine”.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreos ó mesmo tempo que no resto do territorio estatal, nun cine local, o único cine en máis de 60 kms á redonda. Polo que “animamos, non só agora, senón tamén no resto do ano a incluír nos nosos plans, pasar unha tarde de cine”.
Nesta promoción, ó igual que nas anteriores, serán vales desconto de 2€ para poder escoller entre 5 películas de animación.
“Sketch Cuidado con lo que dibujas”, “Super Agente Hit Pig”, “Los tipos malos 2”, “Tom y Jerry Aventura en el Tiempo” ou “Capitán Diente de Sable y la Condesa de Grel”.
Ponse en marcha a promoción unha fin de semana para Viveiro e outra para a Mariña Occidental. Polo que haberá vales tanto para o 18 e 19 como para o 25 e 26 de Outubro. Na primeira fin de semana poderanse beneficiarse os nenos dos colexios de Viveiro e na seguinte serán os nenos dos colexios da mariña occidental.
Para a primeira fin de semana os vales serán entregados no CEIP de Celeiro, CPR Plurilingüe Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío, e na segunda fin de semana entregaranse no CEIP Os Castros e Vista Alegre de Burela, CEIP Península da Paz e CEIP de Cervo, CEIP do Vicedo e CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove, chegando así a outros colexios da comarca.
É importante recalcar que é necesario entregar o vale físico en taquilla para que se poida aplicar a promoción. Se acude un núcleo familiar e os rapaces entregan os vales, tamén se lles aplicará o desconto ó resto de membros desa familia.
Así pois, o desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com cas indicacións que figuran no propio vale, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar, malia que no intre de entrar non exime de entregar igualmente o vale na entrada. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.
O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, “estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir experiencias xunto ós nosos”.
“Apostamos por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas e extendela por outras poboacións da comarca”.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



