A actuación supón un investimento superior aos 155.000 euros financiados a través da liña de subvencións para a mellora de parques empresariais da Xunta de Galicia
Cervo, 16 de outubro do 2025. O Concello de Cervo está a executar as obras de mellora e acondicionamento dos accesos ao Polígono Industrial de Cuíña, no núcleo de San Cibrao, cun investimento total que supera os 155.000 euros -157.687,67 euros concretamente-, financiados a través da liña de subvencións para a mellora de parques empresariais da Xunta de Galicia.
A actuación abrangue unha superficie aproximada de 2.620 m² e céntrase no acondicionamento e mellora da zona de acceso e tránsito peonil do polígono.
Os traballos consisten, así pois, na execución de novas beirarrúas e pavimento para tráfico peonil, canalizacións soterradas para futuros servizos de alumeado público, así como na execución dun tramo de saneamento de augas residuais. Tamén se inclúe a demolición de pavimentos deteriorados, a colocación de rigolas e bordillos de formigón, ou o asfaltado das zonas anexas ás novas beirarrúa; todo elo na zona de principal acceso ao parque empresarial, tanto na marxe dereita como esquerda.
En cifras, os traballos contemplan 762,09 m² de pavimento adoquinado para peóns e 1.856 m² de zona aglomerada para tráfico rodado
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o Polígono para supervisar as obras cuxo obxectivo principal é o mellorar a accesibilidade e humanizar os espazos públicos, garantindo un entorno máis seguro e funcional para peóns e vehículos. Ademais, permitirán incrementar a superficie destinada ao uso peonil sen reducir o ancho actual da calzada, creando unha escena urbana máis ordenada”.
Estas melloras –engadiu a rexedora- “son fundamentais para reforzar a mobilidade peonil e a imaxe do noso polígono industrial, ofrecendo un acceso máis cómodo e seguro tanto para as persoas traballadoras como para o tránsito diario”.
Este proxecto forma parte da aposta do Concello de Cervo coa modernización e dinamización do parque empresarial, co obxectivo de seguir impulsando o desenvolvemento económico local e mellorar os servizos ás empresas instaladas.
É evidente pois o compromiso do Concello de Cervo co Polígono Industrial de Cuíña, no que segue a investir para mellorar accesos, mobilidade e servizos. Mentres tanto, a administración local continúa á espera de que a Deputación Provincial de Lugo reactive a execución do enlace directo coa N-642, unha infraestrutura esencial para o desenvolvemento económico do municipio e que permanece paralizada desde o ano 2007. O Concello agarda que esta actuación poida retomarse canto antes para completar a conexión viaria e garantir un acceso seguro e eficiente ao parque empresarial.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



