Os traballos na LU-P-1106 están xa na súa recta final e afectan a un tramo de case 10 quilómetros divididos en tres tramos: da ponte sobre o río Azúmara ata Pacios, á altura da parroquia de Reigosa e na rotonda de enlace coa LU-P-4401, na Ermida
Lugo, 20 de novembro de 2025. A Deputación de Lugo vén de iniciar este xoves a pavimentación da estrada provincial LU-P-1106, que é a vía que conecta Castro de Rei e Campo do Oso, na Pastoriza, por Reigosa. Unhas obras que contan cun investimento de 450.000€ da institución provincial para a rehabilitación dun tramo de preto de 10 quilómetros en diferentes puntos do seu trazado. Xa se acometeu a reapertura de cunetas e a canalización de formigón para a mellora da drenaxe ao inicio da estrada e quedará para o final a reposición da sinalización.
Os tramos nos que se está a traballar van desde o inicio da estrada, á altura da ponte sobre o río Azúmara, ata o punto quilométrico 7,682, na parroquia de Pacios (Castro de Rei); á altura da parroquia da Reigosa, xa no termo municipal da Pastoriza, entre os puntos quilométricos 9,5 e 10; e dende a rotonda de conexión coa LU-P-4401, á altura da Ermida, entre os quilómetros 10,5 e 11,74.
Trátase dunha actuación que está a acometer a empresa Cholo S.L nunha vía moi relevante para a comarca porque conta con gran volume de tráfico e dá acceso directo a diferentes servizos públicos.
A mellora desta vía enmárcase no Plan de mellora das estradas 2025, anunciado a finais do pasado ano polo Presidente, José Tomé Roca, cun investimento que supera os 15M€ para acondicionar 400 quilómetros de vías por toda a provincia. A institución provincial destina no 2025 un total de 27M€ para obra, mantemento e conservación das estradas da provincia.






















A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



