O Vicedo, 3 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE do Vicedo celebra un novo investimento aprobado pola Deputación de Lugo para mellorar as estradas provinciais do municipio, unha actuación que reforza o compromiso da institución provincial co desenvolvemento das infraestruturas e coa seguridade viaria nas parroquias do concello.
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu luz verde este venres á adxudicación das obras de rehabilitación do firme nas vías LU-P-6401 e LU-P-6402, que conectan Suegos, Falcoeira, O Vicedo, Cruz da Pardiñeira e o Cristo de Portapena. O proxecto, que executará a empresa Carferlo S.L., supón un investimento de 328.092,42 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de tres meses.
As actuacións realizaranse entre os puntos quilométricos 0+607 ao 3+240 na LU-P-6401, e 17+126 ao 19+299, ademais do ramal entre o 0+000 e o 1+164, na LU-P-6402.
Segundo subliñan desde o PSdeG do Vicedo, estas melloras “permitirán incrementar a seguridade e a calidade da circulación, beneficiando directamente ás veciñas e veciños das parroquias afectadas e de toda a municipalidade”.
A agrupación socialista agradece á Deputación de Lugo “o seu compromiso continuado co noso municipio e coa mellora das infraestruturas que vertebran o territorio”, destacando o papel determinante das políticas provinciais no mantemento das vías locais e no impulso á cohesión territorial.
“Esta actuación é unha mostra de que a cooperación entre administracións gobernadas polo Partido Socialista dá resultados reais para a veciñanza”, sinalan desde o grupo municipal, e conclúen que “a nosa maneira de facer oposición é traballando, con feitos e propostas útiles para O Vicedo”.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



