O Vicedo, 26 de novembro, 2025. O Teatro das Cortes despedirá a programación da temporada 2025 o vindeiro sábado 29, cunha tarde repleta de propostas culturais pensadas para todos os públicos.
A xornada abrirase coa xa tradicional Ofrenda Teatreira ao Porco de Pedra dos Andrade, un encontro no que a veciñanza se achega ao emblemático porco da parroquia para compartir inquedanzas, pedir consello ou simplemente reflexionar sobre os tempos que corren.
Este ano, un grupo de actrices e actores que colaboran habitualmente co Teatro das Cortes representará O Porco máis Vello, unha comedia breve de creación colectiva. A peza xira arredor dun enigma: descubrir cal é o porco máis antigo das tres igrexas mandadas construír polos Andrade —a de Cabanas, a de Riobarba e a de San Pantaleón.
A continuación, chegarán dous convidados moi especiais. En primeiro lugar, o escritor, guionista e presentador X. H. Rivadulla Corcón, que falará, entre outros temas, dun personaxe creado por el para un dos espectáculos escritos e dirixidos na compañía Volta e Dálle: “O porco Vladimir”.
Despois será a quenda do contacontos Anxo Moure, que viaxa dende Carballolandia para presentar o seu espectáculo Pés de Lobo.
A tarde culminará cun concerto de luxo a cargo de Erikas e Peluxias, acompañadas por Ugía Pedreira. O grupo forma parte dun colectivo feminino que busca tender pontes entre A Mariña e o Occidente asturiano. Guiadas por Pedreira, interpretan e transforman cancións populares acompañadas de percusión variada —desde pandeiretas ata instrumentos de fortuna—, sempre coa intención de crear conexións sociais a través da música.
Programa
• 18:00 h – III Ofrenda e diálogos teatreiros co Porco de Pedra dos Andrade
• 19:00 h – Actuación de X. H. Rivadulla Corcón: O porco máis vello e outras historias
• 19:00 h – Actuación de Anxo Moure: Pés de Lobo
• 20:30 h – Concerto de Erikas e Peluxias con Ugía Pedreira
As actividades están organizadas pola A.C. Volta e Dálle e contan co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e do Concello do Vicedo.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



