Lugo, 17 de decembro de 2025. A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, constituída o pasado luns tras a resolución da Comisión Executiva Federal, celebrou este martes a súa primeira reunión de traballo para establecer as liñas de actuación nesta nova etapa.
No encontro, a Xestora situou como prioridade dar resposta á situación existente nas institucións tras o cese producido no partido, actuando nos prazos que marca a lei co obxectivo de garantir a estabilidade institucional e a continuidade dos gobernos progresistas na provincia.
A reunión serviu tamén para marcar como eixo central do traballo da Xestora a recuperación da normalidade política e orgánica, tanto nas agrupacións como nos concellos, reforzando a coordinación interna e a presenza en todo o territorio.
Outro dos aspectos abordados foi a preparación da vindeira cita electoral das municipais de 2027. A Comisión incidiu na importancia de SEGUIR TRABALLANDO na construción de proxectos municipais sólidos, con candidaturas capaces de conectar coa realidade social de cada concello e de dar resposta ás necesidades da veciñanza.
Ademais, realizouse unha análise dos asuntos que centran as principais preocupacións da cidadanía lucense, con especial atención á situación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) nos concellos, ao estado das comunicacións, á xestión forestal e ao peche definitivo do tema de Altri.
A Comisión Xestora do PSdeG-PSOE de Lugo preséntase como un órgano baseado na renovación, na paridade e na representación territorial, que combina experiencia política, orgánica e institucional. O seu cometido será xestionar a actividade política e orgánica da provincia, garantindo un funcionamento ordenado e estable do partido durante este período.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



