O voceiro popular critica a complicidade do BNG que “segue sen dicir se van a negociar a formación do novo goberno da Deputación cun presunto acosador sexual e cunha das persoas que o encubriu”
Lugo, 17 de decembro de 2025. Trala emisión nun programa de televisión de novas probas sobre os casos de presunto acoso sexual por parte de José Tomé a varias mulleres e de que altos cargos do PSOE coñecían destas denuncias e non fixeron nada, dende o Grupo Provincial Popular amosan a súa “total preocupación polas novas informacións e evidencias” mentres “no partido socialista seguen a agocharse e non dar as explicacións necesarias”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que ante a gravidade das informacións coñecidas “é inaceptable o silencio mantido pola secretaria de organización do PSOE lucense, deputada provincial e alcaldesa de Antas de Ulla, Pilar García Porto, que continúa agochada e sen dar explicacións públicas”.
Neste senso, Ameijide esixe que “Pilar García Porto debe saír de inmediato a explicar por que gardou silencio durante todo este tempo ante uns feitos tan graves” para, unha vez feitas públicas as explicacións, “asumir responsabilidades e presentar a súa dimisión”.
“Todos merecemos explicacións claras e, sobre todo, por que tapou todo e non achegou á vítima a axuda e protección que precisaba. O silencio non é unha opción cando están en xogo a dignidade das persoas, a exemplaridade das institucións e a confianza da veciñanza na política”, afirmou.
“SILENCIO DO BNG”
Antonio Ameijide tamén denuncia “o silencio cómplice do BNG”, que segue sen aclarar se está disposto a negociar e a chegar a acordos cun presunto acosador e cunha das persoas que o encubriu. “O BNG debe de ser claro e dicir se vai antepoñer os seus intereses políticos e a vicepresidencia da Deputación, á defensa das vítimas e aos principios éticos que di defender”, sinalou.
O voceiro popular amosouse contundente coa actitude dos tres deputados nacionalistas: “ou se está coas vítimas e coa transparencia ou se está do lado de quen cala, encubre e mira para outro lado, poñendo por diante de todo o sillón e pisar moqueta”.
Antonio Ameijide afirma que “non deixaremos de esixir explicacións, responsabilidades políticas e un posicionamento claro por parte de todas as forzas políticas”, ao que engadiu que “Lugo e a Deputación non poden seguir a danar a súa imaxe desta forma”.

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



