Foz, 10 de decembro de 2025. O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Foz, Javier Jorge Castiñeira, anuncia que a concelleira do grupo, Dolores Labrada, presentou na xornada de hoxe a súa renuncia como concelleira por motivos laborais e persoais.
Castiñeira quixo, en primeiro lugar, agradecer de maneira pública a entrega, dedicación e compromiso que Labrada amosou durante todos estes anos de traballo corporativo, tanto co conxunto do pobo de Foz como co propio Partido Popular, e moi especialmente cos seus veciños de San Martiño, “que sempre tivo moi presentes en cada decisión e en cada iniciativa”.
O portavoz destacou ademais “o apoio constante que Dolores Labrada me trasladou a nivel persoal, así como a confianza depositada en min e en todo o equipo da candidatura do Partido Popular de Foz”. Subliñou tamén que “o seu labor deixa unha fonda pegada no noso proxecto e no traballo diario do grupo”.
Do mesmo xeito, Castiñeira quixo transmitirlle a Labrada “os nosos mellores desexos de éxito nesta nova etapa vital e profesional, moito ánimo e toda a nosa gratitude polo seu compromiso exemplar”.
Respecto do futuro inmediato do Grupo Municipal, o portavoz sinalou que este se afronta “con total normalidade e coas mesmas expectativas de traballo e dedicación ao servizo dos veciños”. A renuncia de Labrada dará paso á incorporación do compañeiro Iago Eiroá, de Vilaronte, que tomará posesión da acta unha vez se tramite o expediente correspondente por parte do Concello de Foz.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



