Unha das características da costa galega, de preto de 1.500 km de lonxitude, é a súa diversidade de formas, entre as que considero que unha das máis singulares —e ao tempo descoñecida para parte do gran público— é a Rasa Cantábrica.
Trátase dunha formación xeomorfolóxica que parte das proximidades de San Vicente de la Barquera (Cantabria), ocupa todo o litoral asturiano e entra en Galicia por Ribadeo, estendéndose ao longo da costa galega uns oito quilómetros ata chocar, á altura de Burela, coa masa granítica de San Cibrao, onde dá comezo outra forma distinta de relevo.
Falamos do elemento máis representativo do litoral norte da provincia de Lugo e dunha das formacións máis singulares da costa galega. É unha superficie de morfoloxía achairada, lixeiramente inclinada cara ao mar, construída sobre materiais de lousa e cuarcita, e cunha anchura de entre un e dous quilómetros desde o bordo do acantilado ata as estribacións montañosas do interior.
Trátase dunha plataforma de erosión de orixe mariña que se remonta a millóns de anos atrás, cando distintos procesos xeolóxicos e climáticos deron forma a este espazo tal e como o coñecemos hoxe: unha plataforma chaira cunha liña de costa acantilada e bastante rectilínea, agás nas rías de Ribadeo e Foz-Masma e no pequeno entrante de Fazouro, na desembocadura do río Ouro; ademais dalgunhas pequenas calas, como a de Esteiro no concello de Ribadeo, que son o único contrapunto á verticalidade dos seus cantís.
Cómpre salientar tamén os seus numerosos miradoiros, que nos permiten observar, coa baixa mar, o límite litoral da Rasa e o seu nivel de erosión, do que son froito os abundantes arcos, covas, furnas, illas e illotes que podemos contemplar formando ese gran monumento natural que é a Praia das Catedrais, ou o outro espazo de singulares arcos mariños que caracteriza a zona xeolóxica do Perdouro, no concello de Burela.
Nestes dous espazos de especial beleza, a acción do mar foi, ao longo de millóns de anos, escavando na parte baixa dos acantilados. Ao tempo que se formaban praias, íanse tamén creando covas ou furnas que, ao agrandarse pola forza do mar, acababan provocando o colapso do teito: se a abertura era pequena formábanse bufóns, e se se desmoronaba por completo xurdían arcos. É o que aconteceu na Praia das Catedrais, onde os arcos formados semellan auténticos contrafortes dunha catedral.
A outra zona, a do Perdouro en Burela, é un lugar de especial importancia xeolóxica a nivel internacional. Alí podemos apreciar algúns dos pregues mellor conservados de Galicia, con máis de 300 millóns de anos, ademais de formacións rochosas de extraordinaria beleza como a coñecida como “igrexa do Coedo”, un pequeno templo esculpido polo mar que só se pode visitar coa baixa mar.
En fin, a Rasa galega, coas súas distintas formacións xeomorfolóxicas, converte a Mariña lucense nun lugar singular e digno de visitar, non só percorrendo cada un dos seus espazos máis característicos, senón tamén contemplándoa no seu conxunto desde ese extraordinario miradoiro que é o monte Comando.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



