Tras tres tempadas e media, o técnico santiagués decide ceder o seu posto por motivos persoais, sendo o encontro ante o UA Ceutí o seu último partido co conxunto laranxa.
Burela, 21 de decembro, 2025. David Rial chegou ao Pescados Rubén Burela na tempada 22/23, con tan só 31 anos. O adestrador compostelán viña de dirixir ao Santiago Futsal en Segunda División entre 2019 e 2021, despois de exercer como segundo adestrador na campaña 18/19. Formado desde neno no histórico club santiagués, Rial pasou por todas as categorías da súa canteira e tamén foi seleccionador galego U19.
Aterrizou en Burela no verán de 2022, moi novo e cheo de ilusión. Na súa primeira tempada loitou polo ascenso a Primeira División, quedándose ás portas no último segundo ante o Alzira nos playoff. Na segunda campaña logrou o obxectivo, de novo a través dunha eliminatoria de ascenso. Xa no seu terceiro ano, co equipo en Primeira e co plantel máis humilde da categoría, non puido manter a permanencia por golaverage, malia non pisar en ningún momento os postos de descenso.
O esforzo dun grupo tan novo e reducido, unido á mala sorte no tramo final, supuxo un golpe duro para todos. A pesar diso, e da incerteza que atravesaba o club, David decidiu continuar a bordo nesta tempada 25/26, construíndo un equipo case desde cero. Gustaríanos que rematase o curso connosco, pero respectamos plenamente a súa decisión.
“O paso de David polo noso club deixa unha fonda pegada, tanto dentro da entidade como no propio pobo de Burela, onde é moi querido. Agradecémoslle a súa seriedade, profesionalidade, alegría diaria, vitalidade e paixón polo fútbol sala”.
“Desde o club desexámoslle o mellor na súa vida e na súa carreira, que estamos seguros de que seguirá sendo brillante e chea de éxitos”.
“David, Burela sempre será a túa casa”.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.


