Ribadeo, 15 de decembro de 2025. . Ribadeo contará con seis vivenda públicas nas rúas Bispo Veres e Trinidade. O investimento superará os 2 millóns de euros.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “vivenda pública en Ribadeo, concretamente no casco histórico, en Bispo Veres dous inmobles, catro vivendas, inversión 1,6 millóns de euros. Rúa Trinidade, dúas vivendas, 500.000 euros de inversión. Son un total de 6 vivendas”.
Para o rexedor o obxectivo é claro: “vivenda pública e rehabilitar o casco histórico. Seguir nese empeño e nese traballo constante e continuo de coidar e conservar o casco histórico de Ribadeo”.
Vega subliñou que “hoxe apróbase no Consello da Xunta, licítase para que as empresas se presenten e así empezar xa os traballos de rehabilitación. Isto vai agora máis rápido para contar canto antes con esas 6 vivendas e destinalas a vivenda pública”.
O alcalde dixo: “trátase dunha moi boa noticia. Nos vindeiros días tamén nos visitará a conselleira para ver a zona e os inmobles. Nesta liña imos seguir porque o obxectivo tanto da Xunta de Galicia como deste Concello é construír vivenda pública, pero en Ribadeo hai un engadido todas aquelas casas que sexan de titularidade pública traducilas en vivenda”.
Dani Vega engadiu: “construír e rehabilitar no casco histórico e traducilo en vivenda pública é un obxectivo claro do Concello e da Xunta. Agradezo o traballo dos técnicos. Toda esta tramitación foi farragosa, os técnicos do Concello e da Xunta colaboraron e traballaron conxuntamente e así se traduce nun beneficio directo para Ribadeo. E tamén agradecerlles á conselleira e ao presidente todo o seu empeño por construír vivenda pública tamén en Ribadeo, tamén na Mariña”
























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



