Lugo, 10 de decembro, 2025. Diante das graves acusacións que se veñen de coñecer nas últimas horas contra José Tomé, desde o grupo provincial do BNG na Deputación de Lugo manifestamos o seguinte:
1. O noso compromiso absoluto contra a violencia machista e a nosa solidariedade coas vítimas que o denuncian, sexa quen sexa o acusado.
2. O Partido Socialista ten que actuar de inmediato: apartar a José Tomé das súas funcións políticas e investigar as denuncias que se realizaron ata o último extremo.
3. O BNG é claro na tolerancia cero coa violencia machista en todos os espazos e sexan cales sexan as consecuencias. Neste sentido, de non producirse a demisión de José Tomé como presidente da Deputación de Lugo, o BNG abandonará o goberno desta institución.
4. Queremos expresar ademais o noso apoio ás mulleres que deron o paso de denunciar. Sabemos que non é doado enfrontarse a estruturas de poder que moitas veces actúan como barreiras silenciosas. Pedimos máximo respecto e confidencialidade para elas, que non se volvan repetir filtracións de identidade e cuestionamentos como os que temos visto recentemente.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



