Ribadeo, 22 de decembro, 2025. A área recreativa de Santa Cruz luce xa unha imaxe renovada tras os traballos executados coa financiación da Xunta de Galicia e coa colaboración da Comunidade de Montes de Ove. O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou a importancia desta actuación nun espazo “moi ligado á tradición ribadense e moi utilizado por veciños e visitantes durante todo o ano”.
Melloras realizadas na contorna
Vega explicou que a intervención permitiu acometer actuacións de conservación e posta en valor en toda a área recreativa, entre elas:
• Desmeste e limpeza integral do espazo.
• Eliminación das tuias que estaban a causar problemas na superficie da área.
• Colocación de novas varandas de madeira.
• Renovación completa do miradoiro, incluíndo placas informativas.
• Mellora do espazo verde natural e instalación de novos bancos.
• Protección perimetral para evitar o acceso de vehículos.
• Arranxo de escaleiras e pavimentos deteriorados.
• Reforzo do muro e da estrutura do propio miradoiro.
Segundo o alcalde, o resultado é “un espazo conservado, limpo e mellorado”.
Un modelo de colaboración
O rexedor subliñou que todas as actuacións realizadas ata o momento contaron con financiamento da Xunta de Galicia, sen custo para o Concello. A Comunidade de Montes de Ove colaborou na planificación dos traballos e na elaboración das propostas remitidas polos técnicos municipais.
“A colaboración é perfecta: a Comunidade de Montes, o Concello e a Xunta, que financia. Isto dá un bo resultado”, afirmou Vega.
Próximos pasos: novo alumeado e recuperación da Casa da Ría
O alcalde avanzou que xa se está a traballar nun proxecto para renovar o alumeado de toda a área recreativa e para acometer, dunha vez por todas, a rehabilitación da Casa da Ría.
Vega insistiu en que este espazo debe recuperar o seu sentido orixinal:
• Centro de formación para alumnado.
• Espazo divulgativo sobre a ría, a súa fauna, flora e recursos hídricos.
• Observatorio astronómico.
“Queremos seguir poñendo en valor todos os elementos naturais, dende o recurso hídrico ata a biodiversidade da ría, e crear tamén un espazo para o observatorio astronómico”, explicou.
Agradecementos
O alcalde concluíu agradecendo o traballo da Comunidade de Montes de Ove, o apoio económico da Xunta e a implicación dos técnicos municipais “que sempre están a disposición de propoñer para que as administracións colaboren con nós”.




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



