Carmela López reuniuse esta mañá en San Marcos con membros dos dous colectivos e trasladoulles as reivindicacións principais que recolle a moción que presentará na sesión ordinaria da Corporación que se celebrará a semana que vén
Lugo, 20 de xaneiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, reuniuse esta mañá no Pazo de San Marcos con máis representantes dos afectados polo acordo con Mercosur para perfilar a moción que os socialistas levarán a Pleno a semana que vén. No encontro, que tivo lugar na Sala de Xuntas, participaron membros do sindicato Unións Agrarias e da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur), así como os deputados provinciais Pilar García Porto e Pablo Rivera Capón.
Carmela López sinalou que este acordo comercial abre un novo escenario para o sector primario “que debe ser abordado con rigor, responsabilidade e firmeza política desde todas as institucións, xa que a súa implementación xerará un impacto director sobre a gandería galega e o sector agroalimentario”. Nese sentido, destacou que a provincia de Lugo é un territorio con forte dependencia do sector primario e que polo tanto a apertura comercial “debe ir acompañada de garantías efectivas que protexan aos gandeiros”.
Máis dun 30% do emprego provincial está directamente vencellado ao sector primario, segundo os datos que manexan os sindicatos. No que ten que ver co gandeiro, Lugo é a primeira provincia galega en produción de leite, concentrando arredor do 50% do total de Galicia con 1,5 millóns de toneladas anuais. Concentra tamén o 48% do censo do bovino galego, con máis de 450.00 cabezas de gando e ten preto do 70% das ganderías inscritas en selos de calidade.
A moción socialista
Segundo detallou na reunión a Presidenta, a iniciativa que os socialistas defenderán na sesión ordinaria da Corporación do mes de xaneiro – o martes 27- instará á Xunta e ao Goberno do Estado a que adopten diferentes medidas para garantir unha aplicación responsable do acordo entre a Unión Europea e os países suramericanos.
Algún deses mecanismos de protección que recolle o texto pasan por reforzar os controis fronteirizos e garantir o cumprimento dos estándares europeos; activar cláusulas de salvagarda de forma áxil e efectiva; promover a diferenciación da carne galega; establecer medidas específicas de apoio ao sector gandeiro galego; apoiar unha estratexia de autosuficiencia alimentaria; e demandar unha Política Agraria Común (PAC) forte e reforzada.

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



