Di que o acto organizado polo BNG en Viveiro foi un teatrillo, unha pantomima, na que reivindican infraestruturas que os seus socios do PSOE bloquean sen ningunha consecuencia pois o BNG segue apoiando a investidura de Pedro Sánchez
A Mariña, 10 de xaneiro de 2026. O senador do Partido Popular José Manuel Balseiro acusou aos representantes do BNG nas Cortes Xerais -o deputado Néstor Rego e a senadora Carme da Silva- de ser simples marionetas do “sanchismo” e censurou que agora veñan a reclamar infraestruturas que deron por feitas a cambio de ceder os seus votos, en dúas ocasións, a favor da investidura de Pedro Sánchez.
O popular di que o acto comarcal organizado polo BNG en Viveiro, ademais dun fracaso de participación, foi un teatrillo, unha pantomima, xa que logo reivindican infraestruturas que os seus socios do PSOE bloquean en Madrid sen ningunha consecuencia e, a pesar diso, o BNG segue apoiando a investidura de Pedro Sánchez.
Balseiro lembra que nos sete anos de lexislatura en Madrid non se iniciou un so metro nas obras da autovía da Mariña e tampouco se avanzou nos trámites administrativos pendentes, limitándose a presentar o trazado dun tramo (Barreiros-O Carme Foz) que xa estaba deseñado. “¿E en que se traduciu este incumprimento de Sánchez? En nada. O BNG segue apoiando ao PSOE en Madrid”.
O senador popular tamén lembra que o BNG formou parte do Goberno municipal de coalición en Viveiro, que sempre bloqueou todas as alternativas propostas para a variante de Viveiro e que só agora que a alcaldía está en mans do PP, foi posible avanzar nun proxecto de infraestrutura moi importante para a cidade e para o conxunto da Mariña.
Finalmente o senador popular reprocha aos representantes nacionalistas en Congreso e Senado de estar “deliberadamente ausentes” en moitos debates que o PP promove nas Cortes Xerais a favor dos intereses da Mariña como é o caso das iniciativas sobre o futuro de Alcoa, sobre a reforma integral da N-642 ou sobre a propia autovía da Mariña, entre outros.





















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



