Barreiros, 22 de xaneiro de 2026. O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se está a celebrar estes día en Madrid para reforzar a imaxe do municipio como unha alternativa de natureza e deporte dentro da Mariña.
O representante municipal, acude á cita cunha axenda que inclúe reunións con axencias de viaxes especializadas en turismo sostible, coa Asociación Soy Ecoturista coa que se atopa traballando a Mancomunidade da Mariña e participará na reunión de integrantes da Rede Pueblos del Surf.
García sinala que se trata de contribuír a “posicionar a Barreiros e ao conxunto da comarca como un destino para calquera época do ano, vinculando as visitas ao territorio e ás actividades que se poden desenvolver no mesmo”.
O concelleiro barreirense, que – na súa calidade de deputado de Rural na Deputación de Lugo- tamén se reunirá con entidades que se atopan promocionando as razas autóctonas galegas na feira internacional, asegura que “pretendemos consolidar ese turismo coñecedor do medio que visitan, do seu territorio, da súa cultura, da súa sociedade e das súas xentes. Un turismo que, polo tanto, respecten o lugar a onde chegan e contribúa a xerar un valor intrínseco coa propia actividade turística”.
Neste sentido, Dani García enmarca o lugar de Barreiros na Mariña como “ese concello que aporta paisaxe, natureza, historia e valor patrimonial. Un lugar no que as persoas que o visitan quedan para sentir esa cultura mariñá e para adentrarse nun territorio que descubrir desde outra ollada, cheo de riquezas e valores que lle aportan un plus á súa visita á Mariña”.
Barreiros, tamén acudirá á presentación da campaña estreada pola Mancomunidade de Municipios da Mariña baixo o título: “A Mariña, un viaxe á identidade” coa que se pon en valor ese turismo de benestar e consciente no que Barreiros é unha peza fundamental.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



