Recentemente, Marco Rubio, secretario de Estado dos Estados Unidos, proclamou que o sistema internacional “fracasou” e defendeu a retirada do seu país de 66 organizacións internacionais. Segundo el, estas institucións son ineficaces, malgastan recursos e duplican esforzos. Para moitos, estas palabras poden soar modernas e contundentes, pero se miramos á historia, descubrimos que non teñen nada de novas.
Antes da Segunda Guerra Mundial, líderes como Adolf Hitler e Benito Mussolini xa criticaban a Sociedade de Nacións polos mesmos motivos: excesiva burocracia, lentitude e falta de resultados. Para eles, o sistema internacional era un obstáculo que impedía acadar os seus obxectivos políticos e expansionistas. Mesmo os Estados Unidos, nos anos trinta, adoptaron unha postura illacionista ao considerar que participar en organismos internacionais non achegaba beneficios claros e podía comprometer a súa soberanía. Durante a Guerra Fría, ambos os bloques —Estados Unidos e a Unión Soviética— denunciaban que a ONU e outras institucións internacionais eran espazos ineficaces, manipulables ou incapaces de resolver os problemas reais do mundo.
A historia amósanos un patrón inquietante: cando os países poderosos perden a fe nas institucións multilaterais, a miúdo toman decisións unilaterais que, lonxe de solucionar os problemas, crean novos conflitos. Hoxe, as palabras de Rubio invítannos a reflexionar sobre a tentación de abandonar a cooperación internacional. Como dixo Albert Einstein, premio Nobel de Física: “Tolemia é facer o mesmo unha e outra vez esperando resultados diferentes”. Ignorar este consello histórico sería volver tropezar coa mesma pedra.
Non se trata de defender institucións perfectas. Moitas delas precisan reformas, máis transparencia e maior eficacia. Pero abandonar os compromisos internacionais porque “non funcionan como deberían” non é a solución. Pola contra, deixa un baleiro de poder que outros actores, menos comprometidos coa paz e a cooperación global, non tardan en ocupar. A historia demostra que os unilateralismos e o illamento raramente xeran seguridade, estabilidade ou xustiza.
Como cidadáns, debemos preocuparnos cando quen ten grandes responsabilidades considera a cooperación internacional un obstáculo. Reformar, mellorar e participar activamente segue a ser a única maneira de que as institucións funcionen e protexan a todos. O sistema internacional non está rematado; equivocámonos se cremos que os seus fallos xustifican ignoralo. Tropezar de novo coa mesma pedra non é só un erro político: é un risco para a estabilidade global e para o futuro de todas e todos.
José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia


















Polo espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falou coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda; co coordinador do evento, José Ríos; con Patricia Díaz, que é alumna de 2º de Servizos de Ciclo Medio e concursante no XIII Campionato de Catas de Café; e con Alejandro Rodríguez e Luis López, responsables do tostadeiro Coffee Urban. O XVIII Campionato Internacional de Baristas e o XIII Campionato Internacional de Catas de Café seguen no IES de Foz ata o venres.
Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



