Rosana Pérez pide realismo e sentido común xa que non se pode afogar a frota artesanal con burocracia e obrigas pensadas para grandes buques
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro, 2026. A portavoz de Mar do BNG no Parlamento galego, Rosana Pérez, alerta das nefastas consecuencias que o Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea ten para o sector galego, con burocracia e obrigas moi difíciles de asumir, especialmente para a frota artesanal.
A deputada nacionalista pide realismo e sentido común á hora de regular estas embarcacións, con obrigas que “nos prexudicarán aínda máis” –advirte– a partir de 2030, data na que se estenderán a todos os barcos de menos de nove metros, que constitúen a maioría dos de marisqueo a frote.
“Este non é un regulamento nin para a nosa frota artesanal nin para as nosas rías. Está pensado para outro tipo de barcos máis grandes e non recoñece a realidade do noso sector”, advirte, recordando que tanto o PP como o Psoe foron os que aprobaron este regulamento e, por tanto, deben agora, coa súa maioría, levar a cabo o que dende o BNG sempre esixiu: “excluír a frota artesanal desta norma e, mentres, adaptala para que a frota artesanal galega non desapareza, que ao mellor é o que queren o PP e o Psoe”, declara.
Para Pérez é imprescindible ademais reformular todo o sistema de infraccións e de sancións establecido porque pode provocar que calquera incumprimento os deixe sen axudas de fondos europeos.
É por iso que o BNG xa presentou iniciativas no Parlamento para reclamarlle ao Goberno de Rueda que exerza as súas competencias exclusivas en augas interiores e defenda as súas propias normas de control. Pídelle tamén que demande ao Executivo estatal negociar coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal das obrigas deste regulamento, que non ten en conta a realidade e singularidade das frotas de baixura galegas.
Unha frota de máis de 3.500 barcos, a maioría de menos de 12 metros de eslora, que, lembra a deputada, leva moito tempo pedindo un trato específico dada a súa singularidade, as características da súa actividade, respectuosa co medio, así como os beneficios que dela se derivan nas poboacións costeiras, onde contribúe á súa dinamización económica, á fixación da poboación e á xeración de emprego.
O BNG apoia as mobilizacións do sector que desde comezo de ano se están a dar por todo o País e que continúan este luns en varias vilas e cidades da costa galega para rexeitar, entre outras cuestións, a norma sobre o diario electrónico, que obriga aos barcos de menos e 12 metros de eslora a anotar as capturas, independentemente do seu peso.
O diario electrónico “resulta inasumible para as frotas de baixura”, apunta Rosana Pérez, para quen “a obriga de ter que facer oito comunicacións por xornada é unha carga burocrática que a frota non pode asumir por lles dificultar o normal desenvolvemento da actividade pesqueira”.
A deputada nacionalista critica así mesmo, por pouco “realista”, a obriga de ter que comunicar a chegada a porto cunha antelación mínima de catro horas e media —o que propón a UE— nin tampouco cunha antelación de dúas horas e media —o que intenta negociar o Ministerio de Pesca—. A maioría dos barcos de baixura faenan a media hora da costa e dependen das condicións meteorolóxicas, explica Pérez, subliñando que “son normas feitas para grandes buques e que nada teñen que ver coa actividade que desenvolven as frotas artesanais”.
“A día de hoxe, xa se cumpren numerosísimas normas de control. Pero o que non é viábel é obrigalos a ter un diario electrónico a bordo en barcos nos que é imposible ter sistemas de pesados rigorosos”, recalca.
Ademais, Pérez declara que os despachos de Bruxelas e de Madrid deberían ter en conta as características e especificidades das frotas artesanais. “Non se pode encher de burocracia a un sector pesqueiro de baixura no que a tripulación a bordo é escasa e onde os propios patróns tamén son mariñeiros”.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



