Lugo, 18 de xaneiro de 2026. Da Escola á Granxa da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación optará ao Premio Aresa 2026 de Desenvolvemento Rural que convocan a Fundación Aresa e o Campus Terra da USC.
O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil e primaria ao sector primario a través de actividades educativas en granxas e pequenas producións agrogandeiras de toda a provincia.
A iniciativa involucrou ao longo dos anos arredor de 60 proxectos de emprendemento e granxas, na súa maioría que abren as súas portas á cativada amosándolles o día a dia do seu traballo, os alimentos que producen e a repercusión da súa actividade no entorno.
A candidatura ao Premio Aresa pretende reforzar a visibilidade das granxas e producións que participaron no programa e valorizar a gandería e a agricultura como actividades imprescindibles para a produción de alimentos e a conservación do territorio e das paisaxes.
A iniciativa chegou ao longo dos últimos catro anos a 18.000 escolares da provincia, a través de convocatorias abertas dirixidas as asociacions de nais e pais. A área de Rural financia os desprazamentos do alumnado e incentiva ás granxeiras e granxeiros que ano a ano configuran a oferta formativa. Arredor do programa xurdiron tamén materiais didácticos como o libro “Os Bolechas van da Escola á Granxa” que amplía a difusión dos obxectivos da iniciativa.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



