Burela, 17 de xaneiro, 2026. Vista Alegre acolleu a estrea de Juanma Marrube e das incorporacións de inverno —Nico, Raid, Mauro e Bingyoba— nunha Tarde Laranxa que reuniu arredor de 500 persoas. O Burela adiantouse e asinou unha boa primeira parte, pero o Leganés aproveitou mellor as súas ocasións na segunda metade para levarse tres puntos clave.
Un inicio ilusionante e un partido moi igualado
O encontro comezou cun ritmo alto e ocasións para ambos equipos. O Burela mostrouse cómodo e incisivo, e no minuto 10 chegou o primeiro tanto: Izan rematou no segundo pau un saque de córner executado por Raid, poñendo o 1-0.
A alegría durou pouco. Só un minuto despois, Charly igualou cun disparo potente tras recibir dun saque de banda; o balón tocou no pé de Starna antes de entrar na portería local.
O Burela seguiu buscando o gol: Pitero rozou a escuadra no 14, Starna evitou o segundo visitante no 15 e Álex Fuentes quedou moi preto do 2-1 cun disparo cruzado no 17.
O Leganés impón a súa pegada na segunda metade
Tras o descanso, as primeiras ocasións foron para o Leganés. O Burela respondeu cunha presión máis alta a partir do minuto 25, pero os visitantes aproveitaron mellor as súas transicións.
No 28, Juanma culminou un cara a cara con Starna tras unha acción rápida iniciada por Cendán, poñendo o 1-2. Xa no 31, Álex de la Fuente ampliou a vantaxe tras roubo en media pista e definición ante o porteiro arxentino.
O Burela non baixou os brazos: Bingyoba estrelou un balón no pau no 32 e Alán volveu rozar o gol pouco despois.
A aposta polo xogo de cinco non atopou premio
A falta de catro minutos, Pitero saíu como porteiro-xogador para buscar a remontada. Marrube pediu tempo morto no 38 e o equipo insistiu ata o final, pero sen fortuna: Izan enviou por riba do traveseiro unha das últimas ocasións e Bingyoba topouse con Óscar da Faya no derradeiro intento antes do asubío final.
O debut de Marrube e das novas fichaxes deixou boas sensacións e unha grada entregada, pero o Leganés mostrou máis eficacia nos momentos decisivos. O Burela continúa a súa posta a punto nesta nova etapa, con sinais de mellora e unha afección que respondeu con forza en Vista Alegre.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


