De Trump en baixo, ninguén. Ninguén ten dereito, o dereito ó que sexa, sería a lectura completa. Como en tempos dos reis absolutos, mesmo pode que con máis poder relativo, ó ter máis mecanismos que pode controlar. E aínda con poderes que tentan equilibralo, despois de ter maioría lexislativa e maioría de xuíces investidos baixo o seu mandato.
Á hora de establecer alternativas no taboleiro de xogo que domina o novo emperador, usa o poder ó que ten acceso para impoñer non as posibilidades de xogo ‘comigo’ ou ‘contra min’, senón ‘comigo de xeito voluntario’ ou ‘comigo de xeito forzado’. Pode facelo tras comprobar que, para tentar evitar os estragos do que presenta como única alternativa, a segunda opción, están (xefes de goberno, empresarios, influencers mesmo) a elixir a primeira, nunha especie de autocensura. O efecto diminúe así a forza e a posibilidade dunha oposición conxunta, dunha alternativa real non ditada por quen está a impor as reglas do xogo.
O parágrafo anterior é á expresión na práctica de algo que corresponde co célebre e repetido dito de Martin Niemöller: ‘Primeiro viñeron por (…) e cando viñeron por min no quedaba ninguén que me puidera axudar a defenderme’. Ou do enunciado da teoría do dominó, cano se as poñemos de pé unha a continuación de outra, se cae unha peza, empurra á outra, esta a outra… segundo a idea que creou o imaxinario dun estadista norteamericano para xustificar a intervención no Vietnam. Ou tamén caso práctico do chamado dilema do prisioneiro, que ven a dicir que se ante unha situación determinada nun xogo (e a vida é un xogo!) saen ganando todos os participantes se cooperan, pero se un traizoa ó resto sae ganando máis aínda que en conxunto as perdas sexan xeneralizadas, se non se confía nos máis, irase todo ó garete…
A situación presente da política global está ben estudada. E mesmo se ten dado o caso xa na historia: aí está Hitler e o pretendido seu apaciguamento mentres anexionaba os Sudetes ou Austria (e quedábanlle ben máis achegados que Venezuela, Cuba ou Groenlandia). A lección é a mesma: como animais sociais que somos, estamos mellor xuntos, defendendo os nosos intereses conxuntos por riba dos particulares. de nivel local a nivel internacional. Porque non cremos que só valen as solucións ás grandes cousas e por parte de grandes institucións ou entidades, onde a nosa participación se dilúe ata un punto que nos permite dicir que somos irrelevantes, que non temos capacidade de acción nin responsabilidade, e polo tanto, que actúe quen non o teña esa capacidade e responsabilidade. A quen, por certo, lle botaremos as culpas tranquilamente, que para algo é capaz e responsable. A máis, mesmo pode que penses que a ti non te vai afectar o cambio que veña, ou aínda que te poda beneficiar en algo mentres estás tranqui e deixas que actúe quen sexa, que non vai contigo en este mundo interconectado onde todo vai con todos.
A posibilidade que non se pretende nas regras do xogo, que se trata de ocultar, de evitar, é a resposta conxunta. Mais é a resposta conxunta, ocultada e menosprezada por quen tenta dirixir o xogo, a única alternativa real ó ‘democrático’ acatar o ‘non votes a quen non quera eu que votes’, ‘non merques a quen non queira eu que merques’, etc. É dicir, a única alternativa real a unha cautividade facilitada polos medios dixitais.
Por último, ten en conta que ata para rogarlles ós ricos, é mellor ser moitos, actuar en conxunto e evitar o noso secuestro pola súa parte. A menos que pretendas, aplicando o dilema do prisioneiro, traizoar ó resto para tentar sacar ti unha miguiña algo maior, ata que veñan a por ti. Da sanidade á educación, pasando por vivenda ou dereitos, a nivel nacional, ou das redes sociais ó petróleo e o gas, a nivel internacional.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



