Burela, 3 de xaneiro, 2026. O Reyco Burela FS caeu esta tarde de sábado en Vista Alegre no ‘Derbi das Costas’ ante o Poio Pescamar FS, nun encontro moi competido no que as mariñás estrearon a xogadora Macarena. O partido escapou por detalles: dous erros puntuais e a falta de acerto nas numerosas ocasións xeradas.
Os primeiros minutos deixaron poucas chegadas claras, aínda que Ana Eliza apareceu xa no minuto 3 para deter un disparo perigoso de Ale de Paz tras un saque de banda. No 4, Lara estivo a piques de adiantar ás locais nun balón morto na área, pero Yanira evitou o gol cos antebrazos. O Poio respondeu con presión alta e outra intervención de mérito de Ana Eliza no 5’. A porteira visitante volveu aparecer acto seguido para desviar un tiro da capitá laranxa.
O Burela mantivo unha boa estrutura defensiva, pero no ecuador da primeira parte chegou o 0-1, nun remate de Ale de Paz que desviou un disparo escorado de Martita. A reacción local foi inmediata: Sydorenko e Gabi rozaron o empate segundos despois, e no 11 Lara e Sandra volveron atoparse cunha inspirada Yanira. As burelenses apostaron por Irene como porteira-xogadora a falta de catro minutos, pero na última décima da primeira parte o Poio ampliou a vantaxe cun gol de Carolina Pedreira tras un rexeite dun tiro de Elia.
Na segunda metade, o guión mantívose. Yanira desviou un novo disparo de Lara no 23 e, un minuto despois, Ana Eliza salvou un man a man tras unha recuperación de Martita e tiro de Ale de Paz. O encontro detívose pola lesión de Candela, retirada en padiola polos servizos médicos, agardando que quede nun susto.
O Burela seguiu insistindo, pero de novo Yanira apareceu no 29 para frustrar o disparo de Sandra, mentres Ana Eliza respondeu cunha parada a Zaide Pérez. Carolina Pedreira volveu ter o terceiro nunha contra, salvada entre Ana Eliza e Silvia. No 34, o equipo de Belén Feal regresou ao xogo de cinco con Lara, e o Poio estivo preto de marcar a porta baleira. Nos últimos minutos, Ana Eliza desviou un tiro de Chuli e Irene volveu vestir a elástica negra buscando un gol que non chegou.
O vindeiro martes, ás 18.45 horas en Vista Alegre, o Reyco Burela FS recibirá ao FSF Castro Bloques Cando.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 0-2 Poio Pescamar
Reyco Burela FS (0): Ana Eliza; Cris Blanco, Gabi, Silvia Rubal (C), Lara -quinteto inicial-, Irene, Macarena, Laura Barranco, Sydorenko, Sandra, Marina.
Poio Pescamar FS (2): Yanira; Elia, Ale de Paz (C), Martita, Noelia Montoro –quinteto inicial-, Candela, Chuli, Carolina Pedreira, Débora, Zaide Pérez.
Goles: 0-1, min. 8: Ale de Paz. 0-2, min. 20: Carolina Pedreira.
Árbitros: Javier Menéndez // Adrián García // María López //. Por parte do Poio Pescamar FS veu a tarxeta amarela Chuli (25’)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 12 de Primeira División Iberdrola FS disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



