Foz, 20 de xaneiro, 2026. O Partido Popular de Foz critica a xestión do goberno local na organización da cea de coroación do Entroido, despois de que varias peñas do municipio e numerosos carnavaleiros quedasen sen entrada para un dos actos máis emblemáticos destas festas.
O voceiro popular, Javier Castiñeira, asegura que “xente de Foz, peñas históricas e pandillas que representan o futuro do Entroido quedaron fóra da cea”, e atribúe esta situación á “falta de planificación” do executivo municipal.
Castiñeira recoñece que existe unha elevada demanda para este evento, pero considera que, ao tratarse dunha actividade financiada con fondos municipais, “o lóxico é que teñan prioridade as persoas empadroadas en Foz”. Segundo indica, esta práctica é habitual noutros concellos da Mariña e de Galicia.
O PP tamén critica que o goberno local optase por organizar o Entroido sen contar cunha comisión de festas, como se facía anteriormente. Para Castiñeira, esta decisión evidencia “unha falta de planificación e de capacidade de xestión”, e asegura que o sistema de inscrición por orde de chegada “non é adecuado para un acto destas características”.
A formación reclama ao executivo municipal que revise o modelo organizativo e busque solucións para que as peñas e grupos que quedaron fóra poidan participar. “Falamos de colectivos implicados e fundamentais para o Entroido”, sinala o voceiro.
O PP lembra que foi este partido o que impulsou e consolidou a cea de coroación como un acto central do Entroido de Foz, polo que considera especialmente grave o “caos organizativo” que atribúe ao actual goberno.
Castiñeira conclúe que Foz precisa “xestión, organización e sentido común”, e afirma que a situación xerada está a provocar malestar entre veciños e participantes do Entroido.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



