Os populares advirten do “estado de abandono” das instalacións debido á “ausencia total de labores de mantemento” por parte do goberno bipartito, “igual que noutras instalacións municipais”
Vilalba, 21 de xaneiro de 2026. O PP denuncia o abandono do Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) por parte do goberno bipartito de PSOE e Vilalba Aberta, a pesar de que a concellería de Cultura (Vilalba Aberta) anunciara fai ano e medio que o ía abrir. Pero, “a pesar de prometer buscar unha solución, a realidade é que o museo segue exactamente igual: pechado e abandonado”.
Os populares urxen ao Concello a acondicionar e poñer en funcionamento o MUPAV porque cren que “é unha auténtica vergoña que un municipio cabeza de comarca con historia, patrimonio e potencial cultural descoide un importante equipamento cultural” que leva anos sen actividade.
“É inadmisible que o museo non estea operativo, aberto á cidadanía e aos visitantes enriquecendo a actividade cultural de Vilalba pola falta de xestión e ao abandono por parte do goberno municipal”, manifestan.
ABANDONO DAS INSTALACIÓNS
Os populares advirten, ademais, do “estado de abandono” das instalacións con humidades que se poden apreciar desde o exterior “ofrecendo unha imaxe deplorable de Vilalba” pola “ausencia total de labores de mantemento. O MUPAV sofre así as mesmas consecuencias que outras instalacións culturais e deportivas do municipio”.
“Este é un claro exemplo de como o bipartito de PSOE e Vilalba Aberta tratan o noso patrimonio cultural e os recursos públicos dos que dispón o noso Concello”, conclúen.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



