Chaman a “tomar exemplo” da acción do Goberno galego que, dentro das súas competencias, “adoptou medidas de prevención para protexer a cabana gandeira galega” que onte mesmo decidiu prorrogar un mes máis
Cospeito, 30 de xaneiro de 2026. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- anuncian a presentación dunha iniciativa na Cámara Alta para esixir ao Goberno de Sánchez que lidere e impulse medidas urxentes, eficaces e homoxéneas, en coordinación coas comunidades autónomas, en relación coa dermatose nodular contaxiosa que supón un risco para o gando bovino.
Os senadores populares deron conta desta iniciativa durante unha visita a unha gandaría do municipio de Cospeito acompañados polo alcalde, Armando Castosa, para recoller as demandas do sector e coñecer de primeira man a preocupación en relación con esta enfermidade vírica que, aínda que non representa risco para a saúde humana, si ten un forte impacto para a saúde animal e a economía das explotacións.
Os populares lembran “o peso estratéxico do sector bovino”, especialmente en provincias como a de Lugo e no conxunto de Galicia “onde somos a segunda comunidade autónoma en censo bovino e a primeira en produción láctea”.
Ante a preocupación e a incerteza dos gandeiros, dende o Partido Popular esixen “unha resposta estatal” para protexer ao sector e garantir unha xestión sanitaria “coherente, proporcionada e eficaz”, toda vez que as medidas adoptadas ata o momento polo Goberno de España “foron insuficientes, pouco homoxéneas entre os distintos territorios e carentes de coordinación”.
Así, concretamente, o Grupo Popular esixirá dende o Senado ao Goberno de Sánchez que asuma un maior liderado e coordinación na xestión da dermatose nodular contaxiosa garantindo información epidemiolóxica actualizada e homoxénea a tódalas comunidades autónomas.
E tamén que adopte medidas concretas como impulsar ante a Comisión Europea revise a clasificación da enfermidade, que actualmente está clasificada como Categoría A, “que implica restricións moi duras e unha carga excesiva para as explotacións a pesar de que non supón riscos para as persoas”.
Tamén consideran necesario promover e financiar liñas de investigación para o desenvolvemento dunha vacina marcada, que permite diferenciar entre animais vacinados e animais infectados, para garantir a seguridade sanitaria e evitar sacrificios masivos.
Por outra banda, cren que se debe incorporar esta enfermidade ao catálogo de coberturas do sistema de seguros agrarios, con valores de compensación acordes aos prezos reais do mercado. E, do mesmo, actualizar tamén o baremos de indemnización por sacrificio obrigatorio.
PREVENCIÓN PARA PROTEXER A CABANA GANDEIRA EN GALICIA
Os populares animan a “tomar exemplo” das actuacións por parte do Goberno galego, dentro das súas competencias, para protexer a cabana gandeira galega e dar resposta ás preocupacións do sector”.
Neste sentido, lembraron que a Xunta, antes de que esta enfermidade chegase a España, realizou unha campaña de concienciación co sector para solicitar extremar as medidas de bioseguridade. A maiores, no momento que apareceron os primeiros casos en Girona, reuniuse a todo o sector para explicarlles as medidas de prevención que se tomaron, e que foron variando ao longo dos meses en función das recomendacións dos técnicos segundo a situación epidemiolóxica. Neste sentido, onte mesmo o Goberno galego decidiu prorrogar un mes máis as medidas cautelares co obxectivo de protexer a cabana bovina galega.






















O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



