Os senadores do PP por Lugo seguen xogando cos lexítimos intereses dos veciños da Mariña aos que só queren para tentar sacar réditos electorais á conta de renunciar a manter unha mínima coherencia entre o que esixen e o que eles mesmos fan.
A incoherencia convértese en ignorancia cando esixen ao goberno que cumpra unha moción do Senado ignorando que o Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo han ditaminado por activa e por pasiva que estas iniciativas parlamentarias non son de obrigado cumprimento nin para este nin para calquera goberno. Viría ben que os senadores do PP preparásense mellor as súas intervencións antes que inventarse obrigacións que non existen.
E a incoherencia convértese en descaro cando hai apenas algunhas semanas os senadores aplaudiron embelesados a estafa da Xunta de Galicia coa presentación da pseudo variante de Viveiro que acabou por converter un proxecto de Vía de Alta Capacidade nun proyectito de estrada convencional que, no mellor dos casos, só comezará a construírse en 2028 e ademais deixando o trazado á metade. O orzamento rebaixado drasticamente para pouco máis de 6 quilómetros e a variante sen data de finalización nin para a próxima década. Se os senadores teñen o máis mínimo interese que esixan a Rueda unha VAC de verdade que saque a Viveiro do colapso de tráfico ao que somete á cidade ano tras ano
A Mariña ten un serio problema de infraestruturas cuxa superación pasa pola construción da Autovia desde Barreiros e a VAC desde Xove. Iso é o que os socialistas esiximos ao Goberno e á Xunta. O que non vale para nada é utilizar o Senado para confundir aos veciños da Mariña con iniciativas e preguntas parlamentarias que só son un teatro.
César Mogo
Senador socialista por Lugo



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



