O internacional por Marruecos de 24 anos, aínda que natural de Pamplona, procede do ASD Just Mola da serie b italiana
Burela, 5 de xaneiro, 2026. Raid Sbaa, Raid (Pamplona, 22/03/2001) xa forma parte da plantilla de Juanma Marrube para o que resta de tempada 25/26, sendo a segunda incorporación neste mercado de inverno. Tras a saída de Meira e Marquinho, o plantel volve a recuperar o mesmo número de membros tras a fichaxe de Nico e Raid. Con Nico xa integrado, Raid comezará a adestrar co equipo hoxe, contando o míster alfocense con pouco tempo de preparación para voltar á competición o día 10.
O ala zurdo comeza a súa carreira deportiva no AD San Juan, onde xoga o seu último ano de xuvenil en 2ªB. Na tempada 20/21 ficha polo Lauburu KE Ibarra e na seguinte tempada debuta na liga italiana (serie A2) no Atlético Cassano, volvendo a España na 22/23, onde entra nas filas do filial do Rivera Navarra, debutando en Copa do Rei co primeiro equipo. Posteriormente ficha polo Tafa FS durante dúas tempadas (23/24 e 24/25), contribuindo ao ascenso a Segunda División e volvendo á serie b italiana, co ASD Just Mola, nesta primeira metade da 25/26. Ademais foi intrenacional con Marruecos sub23 14 veces e 2, absoluto, participando no premundial.
O xogador foi presentado esta mañá no pavillón municipal Vista Alegre, recibido polo directivo Auditor Lombardía quen agradeceu a súa aposta polo noso club, desexándolle unha pronta y buena adaptación ao equipo. Pola súa parte, Raid afirma que apostou polo Burela porque “é un club con moita historia neste deporte, impulsoume a tomar a decisión o feito de poder competir en 2ª División española e axudar en todo o que poda á vez que empaparme de todos os membros do club”. Considérase un xogador “de equipo, ao que lle gusta moito o xogo combinativo. Tamén son moi competitivo”. O seu obxectivo principal é “adaptarme o antes posible e poder axudar aos meus compañeiros a deixar este ano a Burela no máis alto posible”. Por último dá unha mensaxe á afección: “estou desexando xogar xa en Vista Alegre, xuntos podemos conseguir grandes cousas”





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



