Lugo, 6 de febreiro de 2026. A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este venres en Santiago de Compostela á décima edición da Gala de Entrega dos Premios Empresarias de Galicia 2026, que recoñecen a traxectoria profesional de cinco galegas que representan valores de liderado, sustentabilidade e arraigo en Galicia. Unha das premiadas foi Mercedes Toscano, a viveirense e directora executiva da primeira fábrica de lambonadas sen azucre de Galicia, quen recibiu o galardón na categoría de emprendemento.
Carmela López felicitou ás premiadas destacando o “seu liderado feminino no tecido empresarial galego” así como “a súa capacidade de poñer en marcha proxectos innovadores, sostibles, que xeran riqueza no territorio e numerosos postos de traballo”. Realizou unha mención especial á mariñá Mercedes Toscano quen “tras a súa traxectoria profesional en América Latina impulsou un proxecto pioneiro en Galicia que traballa xa con grandes empresas nacionais e internacionais”.
Xunto á viveirense recibiu o galardón na categoría de empresaria do ano a fundadora da tenda de moda Coosy, Virginia Pozo; o premio á traxectoria profesional foi para a presidenta das empresas galegas INASUS, METALDEZA e O Muiño; a creadora de contido Lucía Freitas acadou o recoñecemento na categoría Impacto Social; e Luz Pardo, CEO de Gestán Conteco e fundadora de Cafés Lúa e Espazo Nature obtivo unha mención de honor.
O acto, que tivo lugar no Hotel San Francisco, reuniu a centos de persoas, profesionais de tecido empresarial galego e social, así como numerosos representantes políticos como o Presidente da Deputación de Coruña, Valentín González Formoso, a Alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín Rei, e o Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, entre outros.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


