Viveiro, 24 de febreiro, 2026. Dende o xoves día 26 ata o sábado 28 de febreiro, preto de trinta negocios participantes liquidarán todo o stock de tempada con descontos incribles, chegando nalgúns casos ata o 70%. O obxectivo é converter o final da tempada de rebaixas nunha auténtica festa conxunta: haberá superdescontos, música, premios, bo ambiente e gastronomía.
Coincidindo con esta campaña, oito locais de hostalaría levarán a cabo a “Ruta da Croqueta”. A fin de semana converterase así nunha festa das compras, con fantásticos descontos en miles de artigos, e ao mesmo tempo nunha oportunidade para desfrutar dunha das delicias da gastronomía: as croquetas.
Se o tempo acompaña, parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das súas fachadas para que o público poida ver directamente os produtos e os descontos dispoñibles. A gran variedade de tendas que se suman á campaña convértea nun forte reclamo para a clientela, que poderá atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan establecementos de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoiería, mobles e decoración, salóns de peiteado e ópticas.
Será unha oportunidade única para mercar artigos de primeiras marcas con superdescontos. Ademais, con todas as compras realizadas nestes días nos negocios participantes sortearanse 300 € en vales de compra: serán seis premios de 50 € só por subir os tíckets á App ViveiroCCH.
A asociación anima a toda a clientela a achegarse ao Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, pasear polas súas rúas, desfrutar da ampla variedade comercial con descontos fantásticos e, de paso, gozar da hostalaría local e da gastronomía da vila. Para facelo aínda máis apetitoso, os días 27 e 28 celebrarase a “Ruta da Croqueta” en oito locais participantes.

As tapas terán un prezo de 3,5 €, e no caso do Muro Restaurante e Tortilla Maravilla tamén se servirán racións. Ademais, haberá máis premios: sortearanse 300 € entre quen complete todas as tapas, e 150 € no caso de que non estean todas probadas. Nos locais participantes haberá unhas tarxetas chamadas CroquePass que se irán selando en cada establecemento; unha vez completas, poderán depositarse en calquera das urnas habilitadas. As tarxetas incompletas tamén entrarán no sorteo, sempre que teñan un mínimo de catro selos.
Toda a información e as bases poden consultarse na web www.viveirocentro.com ou na App ViveiroCCH.
Un final de rebaixas por todo o alto, con superdescontos, boa gastronomía e moitos premios: unha fin de semana para tirar a casa pola ventá





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



