A Mariña, 26 de febreiro de 2026. O ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña, que organiza a FCAM, pasou polo IES Monte Castelo, de Burela.
A segunda edición deste ciclo, que comezou a finais do pasado ano en Ribadeo, seguiu onte en Burela. A sesión contou coa participación de Raquel Hermida, docente e poñente de habilidades de motivación e marca persoal en Academia A Mariña; e de Xavier Pardiñas, arquitecto técnico, docente e especialista en Prevención de Riscos Laborais.
Hermida falou de motivación e de autoestima e insistiu na necesidade “de aceptarnos como somos, de coñecernos e de valorarnos” e “de ser persoas proactivas”. E Pardiñas centrouse na seguridade nas empresas. A charla contou coa proxección de vídeos e coa interacción do alumnado e do profesorado. Asistiron o ciclo superior de prevención de riscos profesionais e o ciclo medio de coidados auxiliares de enfermaría (adultos e ordinario).
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, referiuse á falla de man de obra na Mariña e ás condicións laborais que aquí se poden atopar: “iguais ou mellores que noutros puntos da xeografía española” e subliñou que “a calidade de vida aquí é moito mellor”. Cruzado agradece “o convite para estar hoxe aquí, á dirección do centro e ao profesorado preocupado e implicado en motivar ao seu alumnado”.
A segunda edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral na Mariña conta co patrocinio de Reyco e BeOne e a colaboración da Consellería de Educación.




















Na súa confección colaborou Óptima Cultura. A presentación será este venres, 27 de febreiro, ás 11.30 na propia Catedral.
Coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía e da morte de Cunqueiro, o restaurante ribadense ofrece unha versión do Caldo de Gloria e dous pratos inspirados na obra gastronómica do mindoniense —empanada e ostras en escabeche— como forma de achegar a literatura galega á mesa.
O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.



