A Mariña, 16 de febreiro, 2026. O Comité de Centros de Atención Primaria da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte denuncia, tras a súa reunión mensual ordinaria, graves deficiencias na subministración de materiais nos centros de saúde de toda a área. A representación das persoas traballadoras lembra que leva máis de dous anos tentando resolver esta problemática nas sucesivas mesas permanentes coa Xerencia, sen obter resposta nin interese en solucionar a situación.
Segundo o Comité, as deficiencias afectan a produtos básicos necesarios para o funcionamento diario, como vendas, que non chegan malia seren solicitadas polo persoal en tempo e forma. As peticións realízanse tanto a través do programa habilitado para pedidos ordinarios e urxentes como mediante correos dirixidos á unidade de subministracións, seguindo sempre os protocolos establecidos polo propio servizo.
O Comité sinala tamén que materiais indispensables para garantir a seguridade e cumprir cos protocolos de prevención de infeccións —como guantes estériles, máscaras FFP2 ou panos estériles— están a ser enviados en cantidades insuficientes, o que provoca que os centros esgoten as existencias nos primeiros días tras recibir a remesa. A seguinte entrega, no mellor dos casos, prodúcese cada quince días, deixando períodos nos que non se pode garantir a actividade asistencial con normalidade.
A situación agrávase no caso de materiais “especiais” para curas, como certos apósitos que se distribúen de forma controlada para pacientes concretos. O Comité denuncia que, ademais de chegar en cantidades moi inferiores ás necesarias, poden tardar meses en ser entregados, obrigando os profesionais a reorganizarse para poder atender esas curas. Isto repercute directamente na calidade da asistencia sanitaria e xera frustración entre o persoal, que non pode ofrecer os coidados que cada paciente precisa.
A falta de subministración non afecta só ao material sanitario. O Comité asegura que mesmo o material administrativo básico, imprescindible para o traballo diario do persoal administrativo e sanitario, chega en cantidades moi inferiores ás solicitadas ou, nalgúns casos, os pedidos son directamente rexeitados pola unidade de subministracións.
Denuncia de manipulación de albaráns
A representación das persoas traballadoras denuncia tamén prácticas “moi graves” na unidade de subministracións, supostamente ordenadas polo departamento de Recursos Económicos. Segundo o Comité, os albaráns estarían a ser manipulados e falseados, igualando sempre as cantidades servidas coas cantidades pedidas, mesmo cando estas son reducidas unilateralmente pola unidade. Esta práctica, afirman, desautoriza e cuestiona o criterio profesional das traballadoras e traballadores que solicitan o material en función das necesidades asistenciais reais.
Exixencias á Xerencia
O Comité de Centros de Atención Primaria exixe á Xerencia que adopte medidas inmediatas para corrixir unhas deficiencias que, ao seu xuízo, poñen en risco a calidade da asistencia sanitaria máis básica, afectan á saúde e ao benestar da poboación e comprometen o bo funcionamento dos centros de saúde.
Tamén demanda que se deixe de ningunear e faltar ao respecto ao persoal e que se respecte o seu criterio profesional. Finalmente, reclama o restablecemento dun servizo de subministracións eficaz, axustado ás necesidades reais de cada centro.



















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



