Ameijide: “A presidenta da Deputación ten unha triple oportunidade de ouro no pleno de mañá. En primeiro lugar, demostrar que está cos 67 concellos e axudar a todos tralos temporais que sufrimos; outra votando a favor das persoas que sofren discapacidade ou dependencia na nosa Comunidade e na nosa provincia, esixindo ao seu Goberno que retire o recurso de inconstitucionalidade; e en terceiro lugar que vai reintegrar a 16 traballadores na Deputación, de onde nunca se deberon ir e que botou o seu partido”
Lugo, 23 de febreiro de 2026. O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de Suplusa que PSOE e BNG enviaron a Tragsa no momento no que acordaron mercar unha acción desta empresa pública para encomendarlle os traballos de mantemento e conservación das zonas verdes provinciais.
Os deputados provinciais teñen solicitado un Pleno extraordinario da Deputación de Lugo que se celebrará este martes despois da sesión ordinaria para esixir ao goberno provincial dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo dando por rematados os encargos a Tragsa, asumir a xestión directa do mantemento e conservación das zonas verdes e subrogar os traballadores para integralos na Deputación de Lugo.
“A sentenza, que xera xurisprudencia a nivel nacional, recoñece as ilegalidades do goberno provincial que, a pesar de erixirse como exemplo, o único que fan é ternos acostumados a actitudes ditatoriais e, lamentablemente, a poñer o nome da provincia como exemplo do que non se debe facer dende unha institución pública”, explica o portavoz, Antonio Ameijide.
Os populares consideran que “PSOE e BNG, co expresidente Tomé á cabeza, non só se saltaron a lei ao non pasar polo Pleno a decisión de comprar a acción de Tragsa, senón tamén ao adxudicar traballos de forma directa sen un procedemento ordinario ou de concorrencia pública”.
ACTIVIDADE ORDINARIA
Os deputados provinciais do Partido Popular tamén defenderán no Pleno ordinario outras dúas iniciativas. Unha delas dirixida a esixirlle ao goberno provincial que a Deputación de Lugo, dentro das súas competencias de asistencia aos Concellos especialmente de menor capacidade, habilite un plan extraordinario de cooperación cos concellos por 5M€ para a recuperación de infraestruturas municipais afectadas polos danos dos temporais.
Así mesmo, defenderán unha proposta para que a Deputación de Lugo inste ao Goberno de Sánchez a retirar o recurso que bloquea o Plan de axilización da dependencia impulsado pola Xunta que permite simplificar trámites administrativos para miles de persoas en situación de dependencia.
Os populares tamén preguntarán cando teñen previsto PSOE e BNG executar os arranxos pendentes na escola de piragüismo, unha infraestrutura de titularidade provincial que presenta numerosas e graves deficiencias na cuberta e con tubaxes rotas que xera humidades. “Os usuarios e os profesionais que empregan estas instalacións merecen unhas condicións dignas e seguras, e a Deputación debe asumir a súa responsabilidade como titular do inmoble”, segundo manifesta o portavoz.
O Grupo Provincial tamén se dirixirá ao goberno para saber cando ten previsto reconstruír a ponte que caeu o pasado martes 27 de xaneiro na estrada provincial LU-P-3501 ao seu paso polo termo municipal de Navia de Suarna.
Por outra banda, os populares urxirán a acometer debidamente os traballos de mantemento e poda das árbores das marxes de tódalas vías provinciais actuando de forma urxente nas inmediacións do CEIP Antía Cal de Muras na marxe da LU-P-3401 onde as pólas das árbores invaden o espazo da calzada supoñendo un importante risco para a comunidade educativa.
Os deputados do PP tamén instarán á Deputación de Lugo a acometer de forma urxente as necesarias actuacións de mantemento na estrada LU-P-6103 que comunica Barreiros e Trabada e no resto da rede viaria provincial para garantir a seguridade dos veciños e veciñas da provincia de Lugo.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



