Viveiro, 19 de febreiro, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro quere agradecer, en primeiro lugar, a todos os veciños e veciñas do municipio por manter vivo o Entroido, mesmo nos días nos que o tempo non acompañou. A participación, a ilusión e o compromiso coa tradición demostraron, unha vez máis, que o Entroido de Viveiro continúa sendo unha celebración con forza e identidade propia.
O grupo socialista expresa tamén un agradecemento especial aos grupos, comparsas, carrozas e participantes individuais —moitos deles chegados doutros puntos da contorna— pola súa contribución ao desfile. A súa presenza, sinalan, é fundamental para enriquecer o evento e consolidar Viveiro como referente festivo na comarca.
Así mesmo, recoñecen que o actual goberno municipal mantivo os premios e axudas ás carrozas e comparsas, unha liña iniciada polo anterior executivo socialista e que consideran un incentivo clave para fomentar a participación tanto da veciñanza como de colectivos doutros lugares.
Un balance con luces… e tamén con sombras
O PSOE de Viveiro considera que o balance xeral do Entroido deixa unha sensación desigual. Aínda que o desfile contou cunha ampla participación e o tempo acompañou ese día, varios veciños e veciñas trasladaron ao grupo socialista a falta de ambiente na praza, especialmente durante o luns de Entroido.
Por primeira vez en moitos anos —subliñan— non houbo actividade específica na praza: nin charanga, nin baile infantil, nin programación diúrna pensada para os máis pequenos.
O luns, tradicionalmente considerado o día dos nenos e nenas, resultou especialmente pobre en contido. Aínda que choveu, os socialistas lembran que unha carpa na praza é unha infraestrutura imprescindible no inverno en Viveiro, tanto no Nadal como no Entroido, porque garante actividade e resgardo en días de mal tempo.
O grupo valora positivamente a actividade celebrada o domingo no pavillón, incluída na programación municipal, pero considera que isto non substitúe a necesidade de manter o ambiente e a programación tradicional na praza o luns.
Recoñecemento ás asociacións
O PSOE de Viveiro fai unha mención especial á Comisión de Festas de Viveiro pola organización da cea do luns, un éxito ao igual que o ano pasado. Destacan que esta iniciativa non só pon en valor o Entroido, senón que contribúe á recadación de fondos para as festas. O seu recoñecemento é absoluto.
Non obstante, o grupo socialista observa que a programación cultural municipal continúa apoiándose de maneira case exclusiva nas asociacións e comisións. Aínda que valoran positivamente o dinamismo social que isto supón, lembran que non debe substituír a responsabilidade directa do Concello na organización dunha programación propia, equilibrada e completa.
Unha reflexión responsable
O PSOE de Viveiro aclara que non realizou críticas durante os días de celebración, porque entende que os eventos deben vivirse con apoio institucional e sen xerar polémicas que poidan prexudicar a súa imaxe. Porén, unha vez rematado o Entroido, considera responsable facer unha reflexión pública e construtiva.
Os socialistas lembran que xa non cabe a escusa da falta de orzamento, dado que estes son os primeiros presupostos elaborados integramente polo actual goberno. Dentro das limitacións económicas coñecidas, consideran que si era posible reforzar o luns cunha carpa, animación infantil e ambiente musical durante o día.
Falando desde a experiencia de goberno, recoñecen que todos poden cometer erros e que sempre hai marxe de mellora. O seu obxectivo —subliñan— non é criticar por criticar, senón contribuír a que o Entroido de Viveiro siga medrando e recupere o ambiente que tradicionalmente tivo.
O importante: manter viva a tradición
Para o PSOE de Viveiro, o máis destacado é que o Entroido segue vivo na xente: nas comparsas, nas familias, nos nenos e nenas, nas asociacións e na participación popular.
O grupo municipal reafirma o seu compromiso de seguir traballando con responsabilidade, facendo achegas construtivas e defendendo unha programación cultural que combine tradición, participación e impulso municipal.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.


