Critica ao Goberno do PP a súa inacción á hora de dignificar o traballo das mulleres no ámbito do mar e de ampliar os seus dereitos e representación
Santiago de Compostela, 19 febreiro 2026. A portavoz nacional, Ana Pontón, defendeu desde A Guarda as propostas do BNG para dignificar o traballo das redeiras e mellorar as súas condicións laborais, logo do encontro que mantivo coa Asociación de Redeiras Atalaia, na que coñeceu de primeira man as principais demandas deste colectivo profesional.
Pontón apuntou en primeiro lugar á necesidade de facer fronte ao intrusismo profesional que sofren as redeiras e que as obriga a “competir con persoas que están facendo de maneira ilegal este traballo”, polo que propuxo incorporar un mecanismo de trazabilidade nas redes, unha medida que xa foi implantada con éxito noutros lugares como Euskadi e que, subliñou, permitiría garantir que “o traballo que hai detrás da reparación ou da montaxe das redes” está realizado “realmente por redeiras que están dadas de alta”.
A segunda cuestión que a líder nacionalista puxo sobre a mesa é a necesidade de mellorar as condicións de traballo deste colectivo profesional, para o que defendeu a dotación nos portos que contan con redeiras dunhas instalacións dignas para que poidan realizar o seu traballo.
“Instalacións dignas que permitan que teñan naves onde haxa guindastres, que non teñan que facer elas fisicamente o traballo de levantar as redes, e nas que tamén se garante unha mínima climatización para que non morran de frío no inverno ou non se cozan durante o verán”, afondou.
Tamén no ámbito das melloras das condicións laborais do colectivo, a portavoz nacional reivindicou a necesidade de avanzar no recoñecemento das doenzas profesionais vinculadas ao oficio.
“Sabemos que hai moitas enfermidades profesionais que non están recoñecidas e cremos que é importante ese recoñecemento porque é tamén unha forma de mellorar as condicións nas que traballan”, subliñou, para avanzar a continuación que o BNG vai seguir traballando para avanzar neste ámbito.
A líder nacionalista recordou que o das redeiras é un “traballado feminizado” que, pese á súa importancia e valor económico e cultural, permanece “invisibilizado” e no que é preciso traballar para acadar a súa dignificación, logo de advertir que moitas destas mulleres non chegan nin ao salario mínimo. “É unha situación que non podemos permitir e temos que traballar para dignificar todos os oficios nos que as mulleres son protagonistas”, recalcou.
Neste sentido, indicou que, no caso concreto do mar, hai unha tradición moi importante onde “as mulleres sempre xogaron un papel clave”, pero que moitos deses empregos que están feminizados “están nas marxes” e con “peores condicións laborais” e “peores salarios”.
“Lamentamos que a Xunta non estea facendo o papel que debería facer, non só coas redeiras, senón tamén con outros colectivos do mar”, criticou Pontón, quen reclamou un papel activo do Goberno do PP para dignificar o traballo das mulleres no mar e ampliar os seus dereitos e representación e fomentar, así como fomentar o asociacionismo.
“Cremos que hai que dignificar todos os traballos que fan as mulleres no ámbito do mar porque é unha parte da nosa economía, da nosa tradición e, desde logo, da maneira de ser dos galegos e das galegas”, concluíu.


















Villares, que dimitira hai un ano tras ser denunciado por agresión sexual —unha investigación que foi arquivada ao non atoparse probas—, substituirá no cargo a Javier Arias.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
Tras o éxito das edicións anteriores, poderán participar maiores de idade e asociacións sen ánimo de lucro con polo menos 25 artigos usados, como roupa, libros, mobles ou electrodomésticos.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



