Lourenzá, 23 de marzo de 2026. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, aclara que o Concello dispón dun secretario asignado pola Deputación Provincial de Lugo: “hai uns días o Partido Popular lanzaba á prensa unha información falsa que nada ten que ver coa realidade, na que afirmaba que a Deputación Provincial lle negaba asistencia técnica ao Concello de Lourenzá para realizar as xestións diarias, ante a falta de secretario. Á vista desta información, como alcaldesa e máxima responsable deste Concello, considero preciso aclarar a situación para que os veciños estean verazmente informados. Quero aclarar que a Deputación de Lugo prestou colaboración inmediata para cubrir temporalmente a figura do secretario-interventor tan pronto como lles foi solicitada. A día de hoxe e grazas á disposición e a axuda do ente provincial dispoñemos dun secretario asignado pola Deputación que nos está a axudar nos trámites do día a día”.
A rexedora municipal manifesta que “o Partido Popular, unha vez máis, xoga ao que nos ten acostumado, a mentir e difundir información falsa que non se corresponde para nada coa realidade, aproveitando a situación e creando inseguridade na veciñanza. En fin, un comportamento agardado neles, non é sorprendente que cando todos deberíamos sumar e remar na mesma dirección, o Partido Popular empregue a situación para dividir e crispar, en lugar de axudar e arrimar o ombro. Que bo sería que por unha vez, deixaran as cores políticas un pouquiño de lado e primaran os intereses comúns de todos, que son o ben común da veciñanza”.
Rocío López engade: “aproveito para agradecer a colaboración da Deputación e da súa presidenta, que a través da Área de Cooperación cos Concellos, nos está a prestar este servizo e nos está permitindo ir avanzando pouco a pouco coas tarefas que están pendentes. Agardamos tamén poder en breve celebrar o pleno, xa que é certo que non puidemos levar a cabo as últimas convocatorias, tal e como estaba previsto e nos gustaría facer. E mentres tanto quero dicirlles aos concelleiros do Partido Popular que aquí nos terán sempre que queiran aportar e sumar, que é o cometido para o cal fomos escollidos. Tamén debo advertirlles que non imos permanecer calados ante a difusión de mentiras e de información falsa que non se axusta á realidade porque os veciños merecen sempre saber a verdade”.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



