Foz, 19 de marzo, 2026. A Asociación Agarimos —anteriormente Plataforma de Afectados pola Suba Abusiva das Tarifas da Residencia e Centro de Día de Foz— denuncia publicamente a intransixencia do alcalde de Foz ao negarse a manter unha reunión coa entidade para abordar a situación da Residencia e do Centro de Día.
📌 Contexto da licitación e das tarifas
En 2024, o Concello de Foz convocou a licitación para a concesión dos servizos da Residencia e Centro de Día. A proposta de adxudicación definitiva, que recaía na empresa CK Senior Gestión S.L., foi defendida pola Alcaldía no Pleno do 26 de setembro de 2024.
Nese mesmo pleno, PP e BNG presentaron cadansúa emenda argumentando que a suba das tarifas —superior ao 50% respecto das vixentes, pasando de 700 € a 2.013 € mensuais para os graos II e III— facía imposible que moitas familias puidesen asumir o custo. Ademais, advertían de que numerosos residentes terían que abandonar a praza. Por estes motivos, consideraban que a proposta non atendía ao interese público e debía ser rexeitada.
O BNG apoiou a súa postura cun informe xurídico dun catedrático da Universidade da Coruña, experto en contratación pública. O documento foi avalado polo PP e polo propio BNG, mentres que o PSOE votou en contra, aliñado coa proposta da empresa.
⚖️ Resolución do TACGAL
A empresa CK Senior Gestión S.L. recorreu o acordo plenario ante o Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL). O 11 de decembro de 2024, o Tribunal desestimou o recurso e avalou os argumentos do informe xurídico, concluíndo que existían motivos suficientes para non celebrar o contrato por non satisfacer o interese público. A resolución confirmou así a legalidade da renuncia aprobada por PP e BNG.
📣 Reclamacións da Asociación Agarimos
Desde esa resolución, a Asociación Agarimos solicitou en repetidas ocasións ao alcalde:
• A elaboración dunha Ordenanza de Prezos Públicos que dea seguridade ás familias e evite tarifas abusivas.
• A convocatoria dunha mesa de negociación para abordar a problemática.
• A apertura dun proceso de diálogo unha vez que o edificio pasou a ser de titularidade municipal o 13 de febreiro de 2026.
A entidade lembra que presentou tres solicitudes formais —a última o 26 de xaneiro de 2026— sen recibir resposta nin convocatoria algunha.
🚫 Falta de diálogo por parte do alcalde
A Asociación afirma non entender a “incapacidade e cerrazón” do alcalde Cajoto para reunirse ou responder aos escritos presentados. Considera que o rexedor pretende “impoñer a súa autoridade” en lugar de promover un acordo dialogado, e lembra que nun sistema democrático debe primar o diálogo sobre a imposición.
Agarimos insiste en que unha ordenanza de prezos permitiría establecer tarifas razoables, non abusivas e independentes de futuras licitacións, ao tempo que aliviaría a carga financeira do Concello.
🤝 Comparativa con outros concellos
A Asociación sinala que outras agrupacións políticas si amosan sensibilidade coa problemática e que, noutros concellos da provincia con situacións similares, representantes do mesmo partido que o alcalde de Foz si se reúnen cos afectados.
A entidade expresa tamén a súa solidariedade coas familias afectadas pola suba de prezos na Residencia de San Cibrao, xestionada pola mesma empresa que optou á licitación de Foz. Lembra que a proposta foi rexeitada polo Pleno e posteriormente avalada polo TACGAL por non atender ao interese xeral e social que debe guiar a actuación dunha administración pública.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



