A Mariña, 21 de marzo de 2026. A FCAM (Federación de Comercio A Mariña) organiza un Foro sobre Economía e Turismo, que terá lugar o vindeiro xoves, 26 de marzo, no Cenima, en Foz, a partir das 19:00 horas.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica: “o que queremos é afondar, ás portas da Semana Santa, na importancia e na incidencia que ten o turismo na economía da comarca da Mariña. A presenza de visitantes leva anos indo a máis, somos refuxio ou oasis climático no verán, e cada vez recibimos tamén máis viaxeiros en tempada baixa. E todo iso ten un peso económico importante en todo o sector turístico e comercial desta zona”.
E subliña: “ao longo dos últimos anos moitas foron as alternativas de ocio creadas arredor da afluencia turística para satisfacer as demandas deses milleiros de persoas que chegan aquí buscando a tranquilidade, o fresco, a boa gastronomía, a paisaxe…: estamos a falar de escolas de surf, visitas guiadas e teatralizadas, audioguías ficcionadas, tirolina, laberinto, experiencias con arte… A Mariña ofrece moitas posibilidades a quen nos visita por parte da empresa privada e grazas ao traballo e ao apoio das institucións e entidades implicadas”.
Cruzado Iglesias engade que “o que se pretende é analizar onde estamos e cara onde vamos, que este foro sexa un espazo de reflexión e de intercambio de opinións ao igual que xa fixemos noutras ocasións abordando temas coma o presente e o futuro do empresariado da Mariña, as comunicacións e o transporte na comarca, o alugueiro de vivendas ou o reto turístico para este 2026”.
No Foro sobre Economía e Turismo da FCAM participarán José Manuel Villapol, de Finca Goleta; Jorge López, de O Forno de Tovar; Carmen Delia Díaz, de La Guiateca; Antón Rodríguez, de Sensación Surf; Celtia Traviesas, de Tirolina As Minas; José Carlos Paleo, de Acia Foz; Tania Hermida, da Mancomunidade de Concellos da Mariña; Fran Cajoto, alcalde de Foz e deputado de Recursos Sostibles; Paloma Vázquez, xefa provincial de Turismo da Delegación da Xunta en Lugo; e Carmen Cruzado, da FCAM.
A presidenta da FCAM dixo que “é un acto aberto a todo o público que queira asistir, especialmente destinado ao sector turístico, comercial e hostaleiro da comarca da Mariña. Vémonos no Cenima en Foz o xoves, 26 de marzo, a partir das sete da tarde”.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



