O popular denuncia que os pactos de PSOE e BNG con Tomé provocan que a Deputación “siga a ser noticia a nivel nacional por situacións desagradables ou pola comisión de presuntos delitos” polo que esixe “que se depuren responsabilidades inmediatas”
Lugo, 11 de marzo de 2026. Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo esixen á presidenta da Deputación, Carmela López, e ao vicepresidente, Efrén Castro, que dean explicacións públicas inmediatas sobre o seu pacto de goberno con José Tomé, “o seu socio de goberno”, así como ao PSOE a “tomar medidas cos implicados neste caso apartándoos de toda responsabilidade”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, afirma que “o silencio que manteñen neste caso é tan cómplice como o encubrimento realizado no seu momento por outros cargos socialistas”, en alusión a José Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez e Pilar García Porto.
Antonio Ameijide lembra que PSOE e BNG están á fronte da Deputación de Lugo unicamente grazas ao apoio de José Tomé, quen é “o seu socio de goberno imprescindible”, porque “sen o seu voto non se tería formado o actual goberno provincial, nin habería orzamentos nin poderían aprobar outro tipo de iniciativas”.
“A realidade é que este pacto provoca que a Deputación de Lugo e a provincia sigan a ser noticia a nivel nacional por situacións desagradables e pola comisión de presuntos delitos” recordou, para engadir a continuación que “de non ser polo pacto de Carmela López e Efrén Castro con José Tomé, a Deputación de Lugo tería á fronte un goberno do PP, un goberno responsable que tomaría decisións pensadas en acadar a igualdade de todos os veciños e que axudarían a que a institución provincial volvese a ser o motor económico da provincia”.
O voceiro popular denuncia que onte quedou probado, unha vez máis, que altos cargos do PSOE “o sabían todo e o único que fixeron foi tapalo”, polo que esixe que se depuren responsabilidades tras ver onte nos medios de comunicacións novas revelacións do caso, como que Lara Méndez, Pilar García Porto e José Ramón Gómez Besteiro tiveron coñecemento deste presunto caso de acoso “ata en catro ocasións reuníndose coa nai da vítima”.
Para o popular “está probado” que a dirección do PSOE, tanto a nivel galego como provincial, coñecían o presunto acoso e “optaron por tapalo e negalo todo dende o primeiro momento”, unha situación da que “tamén é cómplice Pilar García Porto” que segue a desempeñar as mesmas responsabilidades na Deputación.
“O PSOE, en lugar de defender á vítima, encargouse de defender ao presunto acosador. Os seus ofrecementos de axuda á vítima nunca foron en serio, foron meras palabras para tentar gañar tempo, pero a realidade é que a súa prioridade foi protexer ao presunto agresor”, denunciou.
Ante a gravidade dos feitos, “instamos ao PSOE a demostrar con feitos o seu suposto feminismo, coa expulsión inmediata de José Tomé da alcaldía de Monforte, cargo que mantén só polo apoio do seu partido, así como apartar de inmediato das súas responsabilidades de todas as persoas que encubriron os feitos: Pilar García Porto, Lara Méndez López e José Ramón Gómez Besteiro”.
“O PSOE debe dar exemplo de inmediato. Se de verdade son un partido feminista, non poden permitir que estas persoas sigan un minuto máis nos seus cargos despois de quedar probado que preferiron o silencio e o encubrimento antes que a protección da vítima”, concluíu.

















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



