A Mariña, 20 de marzo, 2026. BeOne Fitness & Sport ampliou o seu acordo de patrocinio con O Gran Camiño, unha das probas ciclistas profesionais máis destacadas do calendario deportivo en España, reforzando así a súa estratexia de vinculación co deporte e cos hábitos de vida saudables.
A sinatura do acordo contou coa participación de Roberto Ramos, director xeral de BeOne, e de Ezequiel Mosquera, ex ciclista profesional e director de EME Premium Sports, entidade promotora de O Gran Camiño.
Tras a súa primeira experiencia como patrocinador na edición anterior, a compañía decidiu incrementar a súa implicación na carreira, consolidando a súa presenza nun evento que, en poucos anos, se converteu nun dos grandes escaparates do ciclismo profesional e nun importante activo de promoción deportiva para Galicia.
No marco desta colaboración, BeOne contará cunha presenza destacada en diferentes soportes do evento e dará nome a un dos puntos estratéxicos do percorrido co “KM BeOne a 10 de meta”. Ademais, impulsará diversas activacións dirixidas á súa comunidade de socios.
Entre estas accións inclúense experiencias exclusivas durante unha etapa da proba, retos deportivos vinculados ao percorrido oficial, sorteos do maillot do evento nos seus centros e outras iniciativas destinadas a achegar a competición ás persoas usuarias das súas instalacións deportivas.
Para Roberto Ramos, director xeral de BeOne, este acordo supón “seguir apostando polo deporte de alto nivel e por iniciativas que transmiten valores cos que nos identificamos plenamente, como o esforzo, a superación e o compromiso. O Gran Camiño é ademais unha proba profundamente vinculada á nosa terra, Galicia, e para nós é un orgullo formar parte do seu crecemento”.
Con esta renovación, BeOne reforza a súa aposta polo patrocinio deportivo como ferramenta de posicionamento de marca e de conexión coa súa comunidade, ao tempo que apoia un evento que contribúe a situar Galicia no mapa do ciclismo internacional.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A actividade conta coa colaboración do Concello.