A escalada bélica no Irán é o motor dunha nova ondada inflacionaria que ameaza con crebar unha economía galega xa moi castigada. A publicación no BOE dos novos Decretos-Leis do Goberno do Estado pon sobre o taboleiro un abano de medidas que, se ben pretenden ser un dique de contención, adoecen da mesma doenza de sempre: o centralismo uniformador que ignora a nosa realidade nacional e maila falla de afouteza para tocar os cimentos do poder financeiro e enerxético.
O Goberno do Estado teima nunha estratexia de rebaixas de IVE e bonificacións lineais que, sobre o papel, semellan aliviar o peto do cidadán e dalgúns colectivos que mais sofren esta ondada. Tamén adoptan algunha medida enerxética interesante, como a potenciación do autoconsumo eléctrico, do consumo da enerxía na contorna onde se produce, no canto do carísimo transporte no que se alicerza o sistema enerxético do Estado español.
Fronte a este modelo de curto alcance e, por riba de todo, pouco concreto nos seus efectos por se definir dende un centro madrileño que-seica-todo o sabe e todo o entende o BNG ten proposto un modelo galego, actuando sobre o treito autonómico do IRPF para aliviar as rendas medias e baixas, combinada cunha redución selectiva de impostos indirectos sobre os alimentos que producen os sectores máis castigados -como o agrario-gandeiro e o pesqueiro-, o que permitiría unha cirurxía moito máis precisa que o bisturí romo de Madrid. Galicia ha ter, tamén, a capacidade de gravar fiscalmente os beneficios caídos do ceo das grandes eléctricas que espolian os nosos ríos e o noso vento, para financiar, precisamente, esa rebaixa fiscal ás familias e pemes galegas. O que reconduce o debate, como adoito, cara a tarifa eléctrica galega.
Mentres o debate ferve, a Xunta de Alfonso Rueda permanece nunha sorte de hibernación política, renunciando exercer as súas competencias tributarias para deseñar un paquete de axudas de noso. A parálise do PP galego é a mellor proba da súa subordinación ideolóxica: prefiren criticar a Madrid por sistema antes que exercer como o Goberno dunha nación con problemas específicos. A Xunta ten o deber de complementar os Decretos do Estado, non de agardar a que o BOE lle resolva a papeleta. Galicia necesita un Plan de Choque nacional que mova os orzamentos da autonomía cara aos fogares e ás pemes, e non cara á propaganda dun autogoberno de cartón pedra.
Un dos puntos de maior fricción nesta crise é, sen dúbida, o acceso á vivenda. Os desafiuzamentos son a expresión máis cruel do fracaso dun sistema. Porén, a solución non pode pasar por cargar o custo social exclusivamente sobre os ombreiros dos pequenos propietarios, ás veces aforradores que dependen desa renda para completar unha pensión miserenta. Polo de agora na Galicia ninguén propuxo o que nos cómpre: definirmos un sistema equilibrado e xusto a medio da creación dun Fondo Público de Garantía do Aluguer. Este mecanismo actuaría cando se detecte unha situación de vulnerabilidade sobrevida (perda de emprego, falla de pagamento por crise enerxética, insuficiencia de recursos…). A Xunta como Administración competente (no marco financeiro estatal dos recursos dun Plan estatal de Vivenda transferido na súa totalidade a Galicia) asumiría o pago da renda directamente ao propietario -sempre que este sexa persoa física e xurídica cun número limitado de inmobles (menos de 4 ou 5)-, evitando deste xeito o prexuízo económico da persoa arrendadora. Ao mesmo tempo, paralizaríase o despexo do alugatario, transformando a súa débeda nunha obriga do mesmo coa Xunta, que sería xestionada mediante plans de acompañamento social ou condonada, de ser o caso, segundo criterios de renda e grao de vulnerabilidade. Deste xeito, blindamos o dereito constitucional á vivenda sen converter o pequeno propietario no financiador das carencias do Estado de Benestar. Pondo, ao tempo, os alicerces para unha maioría parlamentaria estatal no resto da lexislatura para esta caste de medidas.
Galicia non pode seguir sendo un convidado de pedra nas crises globais. Precisamos un Poder Galego que non teña medo a intervir no mercado, que use a fiscalidade como ferramenta de redistribución e que protexa a súa xente dende a intelixencia e o compromiso nacional. A inacción da Xunta e as insuficiencias do Estado déixannos ao pé dos cabalos. É hora que como País decidamos, mirando polo noso.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



