Cervo, marzo do 2026. O Concello de Cervo será o escenario da III Ruta Cabalar, que se celebrará o vindeiro domingo 5 de abril, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira coa colaboración do propio Concello.
A saída está programada para as 10:00 horas desde o polideportivo de San Román, punto de inicio dun percorrido pensado para desfrutar da contorna natural e da afección polo mundo ecuestre. Durante a ruta, haberá un aperitivo para os participantes a metade do traxecto, nunha xornada que combinará deporte, natureza e convivencia.
Unha vez rematada a ruta, a actividade continuará no polideportivo con sesión vermú e baile amenizado por Disco Móbil Conxuro. Ademais, celebrarase un xantar aberto tanto ás persoas inscritas na ruta como a quen desexe asistir, con ou sen cabalo. O menú estará composto por paella, costela asada, sobremesa, bebida e chupito.
O prezo do xantar será de 28 euros para adultos e 13 euros para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. As inscricións permanecerán abertas ata o 2 de abril e poden formalizarse nos teléfonos 657 25 64 08 e 677 53 92 85.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo salientar a importancia deste tipo de iniciativas “que contribúen a dinamizar o noso concello e a poñer en valor o noso entorno natural desde unha perspectiva diferente”. Ademais, destacou o labor da asociación organizadora, “un colectivo implicado que, coa súa ilusión e traballo, está conseguindo consolidar esta cita no calendario local”.
Así mesmo, animou a veciñanza e visitantes a participar nesta xornada, “pensada para desfrutar en boa compañía, tanto para as persoas afeccionadas ao mundo ecuestre como para quen simplemente queira pasar un día distinto en Cervo”.






















Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



