Ribadeo, 6 de marzo de 2026. Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron hoxe o convenio polo que a institución provincial asume o 100% do financiamento da residencia de maiores. O alcalde, Dani Vega, considera que se trata dun bo acordo.
O rexedor contou que “hoxe firmamos un convenio coa Deputación que a partir de xa vai pasar a financiar 100% a nosa residencia de maiores. Ata o de agora unha porcentaxe a poñía a Deputación e outra cantidade era aportada polo Concello. A partir de agora financiará a Deputación 100%”.
Para Vega “é un bo convenio, é un bo acordo, eu creo que é unha liña correcta, eu creo que a Deputación tiña que financiar este servizo básico e nos agradecémosllo á presidenta, Carmela López, e ao deputado Pablo Rivera, porque entenderon que tiñan que colaborar cos Concellos. Así como tamén valoramos todas as axudas que fan todas as administracións”.
O rexedor lembrou que “hai poucos días a Xunta tamén anunciaba esa achega no Servizo de Axuda no Fogar, iso quere dicir que aporta máis cantidade e así os Concellos temos que poñer menos orzamento para o Servizo de Axuda no Fogar. Entender que todas as administracións estean na liña correcta e os Concellos o que temos que facer é xestionar orzamento e preocuparnos por traer máis orzamento ao noso municipio e estar constantemente loitando para que os Concellos teñan que poñer menos recursos cando non teñen as competencias”.
Vega manifestou: “hoxe a Deputación eu creo que firmou un bo convenio poñendo no centro á persoa e os servizos básicos como é toda a política de benestar social, que é fundamental para o Concello de Ribadeo. É un acordo moi positivo, e seguir nesa liña que é na vamos seguir desde Ribadeo, nesa xestión constante e permanente de recursos fundamentais para Ribadeo”.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.