Santiago de Compostela, 29 de marzo, 2026. O portavoz de Medio Ambiente do BNG, Luís Bará, denuncia a “especulación” que o Goberno do PP está facendo arredor do patrimonio costeiro do País, a través dunha “explotación intensiva” de zonas con valores ambientais e da proliferación de establecementos turísticos e chiringuitos nun contexto de desregulación e desprotección do litoral. “Para isto era para o que quería Rueda as competencias do litoral”, asegura o deputado.
“O balance dos dous anos e medio da Lei do Litoral de Galiza pódese resumir en dúas palabras: unha chiringuitada”, critica Bará, argumentando que durante este tempo “a medida estrela impulsada polo Goberno de Rueda foi a ampliación da tempada de chiringuitos desde Semana Santa a outubro, sete meses, e o récord, supostamente, de 400 establecementos de este tipo autorizados”.
Fronte ao “interese desmedido” por aprobar medidas encamiñada á “especulación a toda costa”, constata unha “falta de interese pola xestión integral”, posto que o Goberno do PP non aprobou ningún dos instrumentos de planificación e ordenación previstos na lei de xullo de 2023, como son as Directrices de Ordenación do Litoral, que tiñan que estar aprobadas dous anos despois, no mesmo mes de 2025, e aínda non se presentaron.
O mesmo sucede, explica o deputado nacionalista, co Plan de Ordenación Costeira, que tamén tiña que estar aprobado dous anos despois da entrada en vigor da lei e segue pendente, ou o Plan de Ordenación Mariña, do que tampouco hai noticia malia que debería recibir luz verde en xullo deste ano.
“Esta preguiza normativa do PP non é casual, porque as prioridades do PP son encher a costa de chiringuitos, promover unha rede de establecementos turísticos ou unha senda costeira que debería desenvolverse no Plan de Ordenación Costeira que se retrasa , precisamente de maneira intencionada”, engade.
No mesmo sentido, o portavoz de Medio Ambiente do BNG critica que o PP deixase sen efecto “unha boa parte” do Plan de Ordenación do Litoral (POL) de 2011 porque, segundo explica, “iso facilita que se estean autorizando campamentos turísticos, bungalows ou cabanas turísticas en zonas clasificadas como de mellora ambiental ou de protección costeira”.
“Todo estes feitos van na mesa dirección: especulación arredor do patrimonio costeiro, explotación intensiva de zonas con valores ambientais e proliferación de establecementos turísticos e chiringuitos; unha situación de desregulación e desprotección da que se benefician os amigos de Rueda”, conclúe.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



