Mondoñedo, 25 de marzo, 2026. O grupo municipal do BNG no Concello de Mondoñedo presentará no vindeiro pleno unha moción para impulsar a elaboración dun plan de accesibilidade que permita avaliar e mellorar o acceso aos edificios e espazos públicos de titularidade municipal. O obxectivo, explican, é garantir que todas as persoas poidan acceder aos servizos públicos en condicións de igualdade.
Desde o BNG lembran que o acceso autónomo e seguro aos espazos públicos é un dereito básico, independentemente da mobilidade, idade ou capacidade de cada persoa. Porén, denuncian que en Mondoñedo existen diversos inmobles municipais que non cumpren cos requisitos mínimos de accesibilidade, o que dificulta ou mesmo impide o uso normal dos servizos que ofrecen.
A Casa do Concello, o exemplo máis evidente
Entre os casos máis significativos, o BNG destaca o propio edificio do Concello, onde se atopan a alcaldía, o salón de plenos e varias oficinas municipais. Segundo explica o voceiro nacionalista, Eloi Cabanas, o acceso ás plantas superiores só pode facerse mediante escaleiras, sen ningún sistema alternativo que permita salvar a barreira arquitectónica existente.
A situación, engaden, non se limita á Casa Consistorial. Outros edificios municipais como o Consistorio Vello, que acolle a Oficina de Turismo e a Biblioteca Municipal, ou a Casa da Xuventude na rúa Pacheco, tamén presentan problemas de acceso.
O que propón a moción
A iniciativa presentada polo BNG inclúe tres puntos principais:
1. Realizar un estudo detallado
Unha análise completa de todos os edificios e espazos públicos municipais para identificar obstáculos que afecten a persoas con discapacidade, mobilidade reducida ou familias con carriños de bebé.
2. Executar actuacións de mellora
Unha vez detectados os problemas, o BNG pide que o goberno municipal leve a cabo as intervencións necesarias para garantir a accesibilidade universal.
3. Mellorar o mantemento das prazas PMR
O grupo nacionalista reclama maior celeridade no mantemento das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida, xa que a falta de sinalización ou pintado reduce a súa funcionalidade.
Unha cuestión de dereitos e igualdade
O BNG considera que avanzar cara a unha accesibilidade universal é unha cuestión de xustiza social e igualdade de dereitos, e confía en que o pleno municipal apoie unha proposta que busca facer de Mondoñedo unha vila máis accesible para todas as persoas.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



